Nota de prensa BNG: O BNG DEMANDA DO GOBERNO LOCAL DO PSOE RESPONSABILIDADE E RIGOR NO TRABALLO MUNICIPAL

140

As Pontes, 03 de xullo de 2012.- Vai case que un ano dende que o PSOE, coa súa maioría absoluta, impuxera a organización do Concello, e, para o BNG, faise necesaria unha remodelación e un cambio de actitude no goberno municipal.
Acceso a información municipal: continúan as dificultades (para o BNG)
Hoxe tiña lugar unha xunta de voceiros cun punto único na súa orde do día: “Resposta ás peticións de información formuladas polo BNG”; as nosas solicitudes viñan dende finais do ano pasado, e non todas tiveron contestación ao quedar pendentes case que a metade. O tratamento discriminatorio cara ao BNG é manifesto: as copias demandadas fai meses polo grupo nacionalista foron entregadas, sen solicitude previa, na mesma xunta, ao resto de voceiros.
Alcalde: 25.500 Є en pinturas
Entre a información demanda polo BNG figuraban uns escritos do mes de abril rexistrados pola Intervención para o Alcalde, diante da imposibilidade de ser notificado polo persoal do Concello. Tratábase do gasto de 25.500 Є na compra de 5 cadros do concurso sobre da escombreira organizado por Endesa o ano pasado. Presenza e austeridade.
Festas do Carme e A Fraga 2012: sen comisión
Para o BNG, o descontrol do goberno municipal pódese visualizar no anuncio que aparece hoxe no BOP para a organización das festas patronais (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/07/03/2012_0000008586.html), no que se estabelece unha subvención de 179.500 Є, e se fixa un prazo para presentar solicitudes ate o vindeiro luns 9 de xullo, e 10 días máis para que o Alcalde resolva. As festas comezan o día 20 de xullo. Presenza, austeridade e axilidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios