AMIGABLE DE VETERANOS A BENEFICIO DA COCIÑA ECONÓMICA

28

RACING DE FERROL – DEPORTIVO DA CORUÑA (2-6)
Os equipos de veteranos do Racing de Ferrol e Deportivo da Coruña disputaron este domingo un partido amigable cun fin benéfico, recadar fondos para a Cociña Económica. A resposta dos afeccionados foi exemplar e no recinto deportivo da Gándara déronse cita varios centos de espectadores que deixaron en taquilla preto de mil euros e uns catrocentos quilos de alimentos, que veñen moi ben para esta modélica institución benéfica ferrolá, sobre todo nestes tempos de crise económica.
O de menos foi o resultado final, 2-6 a prol do Deportivo da Coruña, nun encontro moi entretido no que os afeccionados gozaron do bo xogo que aínda, a pesar dos anos, amosan os Songo’o, Donato, Cholo, Manjarín, Fran, por parte do Deportivo da Coruña, que dirixiu o lendario Manolete. Por parte racinguista, con José Ramón Arteche como adestrador, salientar a Manel, Manu, Fran Nogueira ou o ex do As Pontes, Pedro.
Ó final do partido, entrega de trofeos e agasallos, así como retratos con xogadores históricos como Donato, Songo’o e, sobre todo, Fran, que foi o máis solicitado polo público, principalmente o infantil.
veteranos


veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios