XXVII MOSTRA CORAL VILA DE AS PONTES

21

Con motivo das festas do Carme e A Fraga, este sábado, 14 de xullo, celebrarase no auditorio municipal Alovi (20,00), de As Pontes, a 27ª edición da mostra de música coral “Vila de As Pontes”, que un ano máis organiza a Agrupación Coral Endesa As Pontes baixo o patrocinio do Concello de As Pontes.
Participarán neste xa tradicional festival de corais pontés a Coral Francisco Añón, de Serra de Outes, a Coral Polifónica de Beluso, de Bueu (Pontevedra) o Coro Eo Musical, da vila asturiana de Vegadeo, e a anfitrioa, a Coral Endesa As Pontes.
Coral-Endesa.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios