O XIX Trofeo Nacional Postal Pérez Francés xuntou a 21 arqueiros nas Pontes

57

Convocado pola Federación Galega de Tiro con Arco, e coa colaboración do Clube Sílex que cedeu as instalacións, celebrouse o domingo 8 de xullo o XIX Trofeo Nacional Postal Pérez Francés. Neste caso para que os arqueiros interesados tiveran outra oportunidade para obtar a acadar a puntuación mínima para acadar a subvención da FGTA para asistir ao Campionato de España de Aire Libre que se celebrará os vindeiros días 20 e 21.


Dentro dos resultados, indicar que ningún arqueiro ou arqueira acadou a puntuación necesaria para que a media das dúas mellores puntuacións da tempada superara a que indica a normativa vixente. So destacar a progresión do arqueiro local Miguel Alvariño, que neste primeiro ano como xuvenil e competindo tamén en categoría sénior, volveu a mellorar a súa marca na proba de 72 flechas a 70 metros con 642 puntos (319 e 323). Unha evolución que encaixa dentro da súa preparación para participar no Campionato de España Absoluto de Aire Libre dentro de dúas fins de semana.
Nova cortesía Club Sílex de Tiro con Arco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios