Primeiro e cuarto posto para arqueiros do Sílex no II Memorial Antonio Ares

60

O sábado 14 de xullo tres arqueiros do clube pontés desprazáronse ata o concello de Boimorto onde se celebrou o II Memorial Antonio Ares. Este torneo que se celebraba so en dúas categorías Arco Recurvo Muller e Arco Recurvo Home ámbalas dúas en categoría absoluta, tirando dúas rondas de 36 flechas a 70 metros para dilucidar a clasificación final do torneo.
Memorial_Antonio_Ares_01.jpg
Carlos Iván Romero, que participaba como preparación para o Campionato de España que se celebrará a vindeira fin de semana, mantivo un bo nivel nas dúas rondas con 305 e 293 puntos. Cos 598 puntos totales alzouse co primeiro posto do trofeo. Adriano Romero, que sendo veterán participou tamén, fixo unha moi boa primeira ronda (295 puntos), da que saía en postos de podio; pero na segunda baixou un pouco o nivel (267 puntos) o que o fixo caer ata a cuarta praza cun total de 562 puntos a poucos do terceiro clasificado. O outro compoñente do Silex participante en Boimorto foi Javier Vázquez que non tivo unha boa tarde chegando só a 262 e 252 puntos (514 puntos en total).
Memorial_Antonio_Ares_02.jpg


Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios