O PUB SILVER, DE NARÓN, REVALIDOU O TÍTULO DO MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DAS PONTES 2012

45

Por terceiro ano consecutivo o conxunto de Narón, Pub Silver, proclamouse vencedor do maratón de fútbol sala “Festas do Carme e A Fraga”, mentres que outro conxunto naronés, Mesón A Ponte, foi o vencedor en categoría feminina. Un ano máis o torneo estivo organizado polo Club Esteo Fútbol Sala, de As Pontes e no que participaron vinte e un equipos masculinos e oito de categoría feminina.
O torneo comezou, na pista do colexio Santa María, na tarde do venres e ó longo de dúas xornadas disputáronse cincuenta encontros.
En categoría masculina chegaron ás semifinais os conxuntos locais de Mobles Eume e A Fervenza, ademais de Pub Silver, de Narón, e Ribeira FS, da vila luguesa de Ribeira de Piquín. Pub Silver superou por 6-4 a Mobles Eume e Ribeira a A Fervenza por 3-1. A final entre os de Ferrolterra e os lugueses estivo moi igualada. Gustou ó numeroso público o gran xogo do Ribeira, equipo que mereceu mellor sorte ante un Pub Silver que contaba nas súas filas con xogadores de categorías estatais. O resultado final foi de 3-1 a prol do Silver con goles de Roberto, Jacobo e Adri, mentres que Ismael marcou para o Ribeira.
maraton_01.jpg


Xogaron polo Silver: Brais, Roberto, Jacobo, Adri e Víctor. Logo entraron Borja, Pacuco, Bastián, Álvaro, Unai, Bebeto e Marcos. Polo Ribeira entraron de principio Moreno, Dani, Paco, Quintela e Ismael. Despois salrtaron á pista Donino, Girón, Trabada e Solla.
En categoría feminina disputaron as semifinais o Mesón A Ponte, do Val, que venceu ás Killers por 2-0, mentres que CD As Pontes superou a As Caqui H. por 3-1.
O conxunto do Val, con xogadoras moi veteranas, venceron na final ó CD As Pontes por 2-0 con tantos de Rosa e Merchi. Polo As Pontes xogaron Leti, Noelia, María, Fani, Judith, Silvia, Alba, Carlota e Jani e polo Mesón A Ponte Iria, Ana, María, Erika, Carol, Elena, Rosa, Merchi, Mar, Cris e Loli.
Arbitraron os encontros os colexiados Borja Darriba, Noemí Bello, Carlos Suárez e David Castro, da delegación de Lugo.
Moreno, do Ribeira, foi declarado como mellor porteiro do torneo e Adri, do Pub Silver, como mellor xogador. En categoría feminina os premios foron para Leti, do As Pontes, como mellor porteira, e para Erika, do A Ponte, como mellor xogadora do maratón.
Ó remate do maratón o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o concelleiro de Facenda, Antonio Alonso, fixeron entrega dos premios ós gañadores.
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
maraton_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios