Nota de prensa BNG: GOBERNO LOCAL: ARBITRARIEDADE, MALA FE, DESVIACIÓN DE PODER E DISCRIMINACIÓN LABORAL?.

46

Lonxe parecen aqueles tempos nos que o PSOE lideraba, no ámbito político, o chamado conflito laboral no Concello das Pontes, coa presenza do hoxe Alcalde en todas as mobilizacións. Ao despedimento de dúas traballadoras da Escola Infantil Municipal vense de engadir a situación nun dos servizos básicos e estratéxicos da administración local como é o departamento económico.
Co pretexto da necesidade de espazo físico para o grupo político municipal do PSOE, “… o máis nutrido da recente etapa democrática …”, o goberno local decide desfacer os servizos económicos co traslado do tesoureiro, responsábel, entre outras funcións, dos pagamentos.
O asunto cheira dende o inicio. Os 2 concelleiros con adicación exlcusiva posúen responsabilidades en Servizos Sociais, situados na Casa Dopeso, e Urbanismo, servizo desprazado na anterior lexislatura ao edificio administrativo. A outra concelleira liberada ten responsabilidades de Industria, co seu Instituto situado en Penapurreira. O resto ou ten os seus servizos noutros edificos ou simplesmente non aparecen.


Máis aínda ao admitir a necesidade, por que o servizo económico?; será porque é o que está a demandar outro tipo de xestión máis axeitada á legalidade, porque está a denunciar situacións irregulares dende fai anos?.
No expediente, do que o BNG tivo coñecemento polo traballador non polo grupo de goberno, non figura un estudo previo de necesidades e posibildades, nen informes técnicos; tampouco se mencionan as tan anunciadas novas instalacións da Policia Local na estación, o que debería liberar espazos no Concello.
Para o BNG, a credibilidade do Alcalde na súa posición diante das problemáticas laborais que afectan ao noso pobo comeza polo seu comportamento para cos seus empregados, directos ou indirectos. Os seus enfrontamentos e/ou compromisos individuais non poden afectar ao funcionamento dos servizos colectivos, públicos.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios