O CD AS PONTES FICHA Ó HISPANO-BRASILEIRO MAGI

23

O CD As Pontes chegou a un acordo con CD La Amistad 2000, de Zamora, para facerse cos servizos de Magdiel Ribeiro Da Silva, deportivamente coñecido por Magi, xogador de 17 que posúe a dobre nacionalidade, española e brasileira. O club zamorano facilitoulle a saída a este xoven xogador nun acto no que o presidente do As Pontes, Xaime Castro, desprazouse ata Zamora para reunirse co presidente do CD La Amistad 2000, que conta con equipos de base ata a categoría xuvenil.
O novo xogador do CD As Pontes asinou un contrato por un ano. Xoga na posición de dianteiro e no seu anterior equipo, o xuvenil do CD La Amistad 2000, marcou 40 goles a pasada temporada na liga autonómica xuvenil. Destaca o seu bo golpeo coas dúas pernas e a súa capacidade para o regate e durante varios anos foi seguido por varios clubs casteláns, sendo finalmente o As Pontes o club que se fixo cos seus servizos.
Magi.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios