AS PONTES E LUGO DISPUTAN O LUNS 23 O XXI TROFEO VILA DE AS PONTES

31

O As Pontes e Lugo disputan esta tarde a vixésimo primeira edición do trofeo Vila de As Pontes, que organizan conxuntamente o Club Deportivo As Pontes e o Concello de As Pontes. O encontro comezará ás sete do serán (19:00) no campo de deportes do Poboado da vila pontesa.
Este tradicional trofeo comezou no ano 1974 por iniciativa da comisión de festas. Nesa primeira edición o gañador foi o Racing Vilalbés que venceu ó entón Endesa As Pontes por 3-2. O Club Deportivo As Pontes obtivo o trofeo en sete ocasións, seguido do Viveiro e Racing de Ferrol, con tres, o Lugo con dous, e con unha o Vilalbés, Selección B das Pontes, Lemos, Betanzos e Deportivo da Coruña, que foi o gañador da anterior edición celebrada o pasado ano. O trofeo non se disputou entre os anos 1988 e 2002.
Non cabe dúbida que a visita do Club Deportivo Lugo, flamante novo equipo da Segunda División, atraerá a moitos afeccionados ó campo do Poboado para presenciar este interesante choque de pretemporada entre dous equipos que se marcan como obxectivo a permanencia nas súas respectivas categorías.
Un choque que será o primeiro para un As Pontes moi renovado no seu plantel e con gañas de non pasar os apuros da pasada temporada na Terceira División e tamén o primeiro para un Lugo, club fundado en 1953 trala desaparición da histórica Gimnástica Lucense –equipo que chegou a militar na Segunda División- e o Polvorín, con pretensións de facer un bo papel na Segunda División, categoría na que milita por segunda vez na súa historia, con 23 temporadas na Segunda B, 34 na Terceira División e unha (1972/73) na Rexional Preferente tras perder a promoción pola permanencia diante do Pegaso madrileño.
Salientar que o conxunto lucense ven a As Pontes de xeito gratuíto dadas as boas relacións que hai entre os dous clubs. A entrada ó partido é libre.
escudos.png


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios