Rodrigo Roi Antelo Sinde. Un pontés campión de España de fútbol sala. Por Xose Ferreiro

510

No pasado mes de Maio coñecíamos unha feliz noticia, o xogador de fútbol sala nacido en As Pontes, Rodrigo Antelo Sinde “Roi” (27-03-1993), futbolista do Discoteca Troco Vilalba, conseguía gañar a medalla de ouro coa selección galega xuvenil no Campionato de España desputado en Valladolid.
Roi conseguiu con este logro entrar a formar parte de unha longa lista de xogadores ponteses que conseguiron gañar o Campionato de España coa selección galega nas súas diferentes categorías nas últimas décadas, como moito máis amplia é a lista de ponteses que nalgún momento da súa vida chegaron a vestir a camisola da selección galega de fútbol sala, non en van, o primeiro campión da Copa de Galicia (1987) saiu dunha final desputada entre dous equipos ponteses, Autos Puentes e Automóviles Luis, con vitoria dos primeiros, 6-0. Ademáis, o porteiro Fernando Bouza chegou a xogar coa selección española, o gran Pellón na División de Honra, a máxima categoría do fútbol estatal, e Noé Calvo milita actualmente na Primeira División Portuguesa, entre outros moitos.
Os seus once compañeiros no equipo campión foron: Alejandro Naveira, Andrés Garrido, Luis Estarellas (O Parrulo Ferrol), Diego López, Javier Ferreiro, Jesús Pérez (Concello de Guitiriz), Andrés González, Ricardo Arcay (Troula Betanzos), Iván Salgado (Coinasa Ourense), Juan Picos (Alameda Xarío Miño) e Ignacio Villamarín (Os Meigallos Sarria).
roi_0001.jpg


Comeza falándonos Roi sobre a súa traxectoria como futbolista “Eu empecei no Esteo, pero esta tempada pasada xoguei no Discoteca Troco de Vilalba, porque ademáis estou estudando en Lugo. Eu este ano aínda era xuvenil, pero xoguei no primeiro equipo, e estou moi contento, quedamos de segundos por detrás do Troula de Betanzos na Liga Autonómica Norte, e eu xoguei moitos minutos, tamén había catro xogadores de As Pontes no equipo, e todos os xogadores formamos un grupo moi bo, estou moi contento e gustaríame seguir aprendendo como futbolista”.
Para Roi a súa convocatoria coa selección galega foi toda unha sorpresa “Eu este ano xogaba co primeiro equipo do Disco Troco, pero fun xogar uns partidos co equipo xuvenil, e nun deses encontros enfrontamonos contra o Concello de Guitiriz, e resulta que o adestrador dese equipo era tamén o segundo adestrador da selección galega. Días despois dese partido fun a adestrar co meu equipo, e comentaronme que lles chegara un fax, e eu estaba convocado coa selección galega, é algo co que non contaba nin moito menos, non pasa tódolos días, e é unha sensación inexplicable”.
Sobre o torneo en si e a estancia en Valladolid “cos compañeiros e co adestrador moi ben, no mesmo hotel estábamos case tódalas seleccións participantes e había moi bo ambiente, ademáis xogaba Galicia en masculino, feminino e xuvenil e conseguiu gañar a selección galega nos tres torneos, asi que mellor non puido ir a cousa”. “Valladolid como cidade pareceunos moi bonito anque a verdade pouco puidemos ver nesa fin de semana porque botamos case todo o tempo do hotel ó pavillón, e do pavillón ó hotel, pero o pouco que puidemos ver gustounos”. Tamén nos comenta Roi unha anécdota “aló no hotel facía moitísima calor, non se aguantaba, e ademáis nós non sabíamos poñer o aire acondicionado (risas), pasado un certo tempo, xa nos demos conta”.
roi_0001.jpg
O xogador pontés conseguiu marcar dous goles no triunfo galego sobre o anfitrión Castela León por 7-1, que nos detalla “ó pouco de comezar, apenas se levaba un minuto de partido, tras un córner, pegueille coa esquerda e entrou, e o outro gol foi tras un saque en longo do noso porteiro, que controlei o balón, quedeime so diante do gardamallas rival e conseguín marcar”.
O partido máis difícil do torneo para os galegos foi o empate a 2-2 coa selección da Comunidade Valenciana “o encontro foi moi reñido, eu non puiden xogar por estar tocado dun nocello, ademáis os meus compañeiros tiveron algo de mala fortuna pois arriscando nos derradeiros instantes co porteiro-xogador mandaron o balón ó longueiro no último minuto”.
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
O instante do Campionato para el prodúxose no último partido contra Extremadura, “nos necesitábamos gañar para ser campións, pois a eles valíalles o empate, íamos 0-0, e faltando catro minutos conseguimos marcar o 1-0, e ahí xuntamonos todos e fixemos unha piña, e foi o mellor momento para min, que logo xa redondeamos co 2-0 definitivo cando faltaba un minuto”.
Sobre porque fútbol sala e non fútbol campo Roi comentanos que “de pequeno á miña nai non lle gustaba que xogara a fútbol campo, recordo que O Esteo fixera un equipo de xuvenís, probei, saiu ben, e aló empecei a xogar con quince anos, pero antes diso so xogaba co meu colexio Monte Caxado e cos meus amigos”.
roi_0001.jpg
Confesase seguidor do FC Barcelona e admirador de Iniesta, pero sigue máis o fútbol sala que o fútbol 11, anque por desgracia di “non se pode ver moito pola TV”. Neste mundiño do fútbol-5 destaca a Fernandinho como xogador e Caja Segovia e Autos Lobelle (actual Santiago Futsal) como equipos que máis lle atraen. Dos máis cercanos, “do meu equipo Disco Troco gustame moito como xoga Luis, de Cospeito, e na selección galega xuvenil, Diego, do Guitiriz, era un ala bastante bo”. El, sen embargo, considerase modestamente “un ala-pívot normaliño cun forte golpeo de balón”.
No seu tempo libre non desconecta e recoñece que lle gusta xogar os maratóns de fútbol sete e de fútbol sala. A pesca é outra das súas grandes paixóns. Casualidades da vida, o mesmo fin de semana que Roi gañou o Campionato de España de Fútbol Sala, outro pontés, Vicente Pico Anidos, conseguía vencer no Campionato de España de Pesca, en Asturias. Para máis inri, Roi contanos que “Vicente é o pai dun compañeiro meu, e ademáis é amigo de meu pai tamén”.
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
roi_0001.jpg
Fotografías cortesía de Antón Ferreiro e CNFS.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios