Resultados do grupo Xuvenil de Piragüismo os dias 11 e 12 de agosto

91

Intensa fin de semana de competición no piragüismo esta fin de semana.
Os representantes do club pontés desplazaronse a Tui e Betanzos para participar nas respectivas competicións da Liga Galega de Descensos, Travesías e Maratón.
O sábado en Tui celebrouse a 41º edición do Descenso do Miño, cunha participación record de arredor de 700 padexeiros principalmente de galicai pero tamen do resto de España, Portugal e incluso de Sudafrica .Grupo Xuvenil acadou unha meritoria 18º posición na clasificación xeral por clubes, destacando o 11º posto de David Tonislavov en K1 home cadete, o 6º posto en k2 home Junior de Pablo Moreno e Alex González, e o 20º posto en K2 home senior de Ernesto Gancedo e José Manuel Bellas, que na clasificación oficiosa de veteranos serían 4º.
O primeiro posto absoluto foi para a K2 dos sudafricanos Antony Scott e Cam Shoeman, en en k1 o tudense Ivan Alonso seguido de preto polo portugués Alfredo Miguel Nogueira e o pontés (ainda que representando ao club de Viveiro) Antonio Polo.
Xa o Domingo na Travesía da Ria de Betanzos salientar a 3ª posición de David Tonislavov en K1 home cadete, os postos 14 e 16 de Alex González e Pablo Moreno respectivamente en K1 home Junior, e o 18º posto de Ernesto Gancedo en k1 home senior.
grupo_xuvenil_1.jpg


grupo_xuvenil_2.jpg
grupo_xuvenil_3.jpg
Nova cortesía do grupo Xuvenil de Piragüismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios