Ribadeume celebrou as festas patronais da Asunción e San Roque

167

Un ano máis a parroquia pontesa de Ribadeume celebrou as súas festas patronais na honra á Asunción de María e San Roque, que por mor do calendario adiantáronse á fin de semana anterior ó 15 de agosto, día no que máis de 250 vilas, parroquias e aldeas de Galicia celebran a festividade da Virxe de Agosto.
A boa climatoloxía acompañou a estas tradicionais e populares festas, que comezaron o venres cunha verbena coas orquestras Xente Nova e Combo Dominicano. O sábado, despois das bombas de palenque, celebrouse a misa na honra da Asunción de María, seguida da procesión e a sesión vermú coa orquestra Fania, que tamén estivo na concorrida verbena da noite, o mesmo ca do venres, xunto a Super Combo.
Na derradeira xornada, o domingo, repetíronse os mesmos actos relixiosos con misa e procesión, para despedir os festexos deste ano coa sesión vermú do grupo Fusión, que ofreceu o mellor do seu repertorio ós numerosos lugareños e visitantes que se achegaron a esta fermosa parroquia pontesa.
Salientar que na xornada do sábado a procesión pasou sobre unha alfombra floral que ía dende a igrexa ata o cruceiro e na que se representaba o máis emblemático da parroquia, a música. Pois Ribadeume foi e é terra de músicos, unha tradición que comezou co párroco Juan Vázquez Vázquez alá polo ano 1909. A alfombra comezaba no adro da igrexa cunha figura representando ó cura, seguida dun pentagrama musical e varias estrelas con diversos instrumentos musicais para rematar no cruceiro coas figuras da Asunción e San Roque e unha representación do sarcófago paleocristián, que se atopa á carón da igrexa, ademais dunha cabana castrexa, pois hai que sinalar que Ribadeume é unha terra de castros, os chamados de guarnición.
ribadeume_0001.jpg


A BANDA MUSICAL DE RIBADEUME
Esta histórica Banda Musical de Ribadeume foi fundada polo citado párroco. Un cura nado no veciño concello de Aranga en 1873 e que durante medio século, de1906 a 1956, foi párroco de Ribadeume e Bermui. Os seus fregueses lémbrano como unha boa persoa, de carácter firme e que aprendeu a moitos veciños a música, fundando unha banda alá polo ano 1909 e que se mantivo ata 1943, séndolle concedido o título de Banda Municipal da Capela en sesión plenaria celebrada o 11 de marzo de 1928, xa que por aquel entón Ribadeume pertencía ó concello da Capela.
Juan Vázquez foi o primeiro director desta banda de música que chegou a contar con máis de vinte músicos procedentes de distintos lugares desta comarca do Eume. Foi substituído na dirección polo mestre Domingo Antonio Pico Blanco, nado en Ribadeume en 1895 e falecido na Coruña en 1985. Persoa tamén moi apreciada polos veciños, contaba con once anos cando chegou á parroquia Juan Vázquez, sendo un alumno moi avantaxado na música, polo que co paso dos anos sucedeu ó seu mestre, o cura de Ribadeume. Acadou o título de mestre de primeira ensinanza en 1918, concedido naquela época polo entón rei de España Alfonso XIII. Foi mestre de Piñeiro e de Ribadeume e fixo a partitura do himno das Pontes, cuxa letra é de Francisco Cabo Pastor (1927), que foi médico da localidade.
A PARROQUIA DE RIBADEUME
Ribadeume, ata 1983 parroquia do concello da Capela, recibe o seu nome pola súa situación en relación ó Eume, río que rega o leste da parroquia, ademais do de Maciñeira e os regos do Castro, Porto do Liño e Pena de Traste. Ocupa uns 14 quilómetros cadrados de terreo montañoso, destacando o pico de Montouto (566 m), agás unha pequena meseta na parte norte que fai de atalaia cara o río e o val do Eume, onde viven á maior parte dos seus 208 habitantes.
Segundo o INE, comprende as aldeas das Seixas, O Cameleiro, Espá, A Folla Branca, A Fraga dos Cregos, As Gañidoiras, Pena de Traste, Roidiz, Alto das Seixas, Vilarmouro, Os Ucedos e O Campo, considerado como núcleo de poboación (con 155 habitantes), que agrupa os lugares da Villerma, A Carreira, O Cachopal, O Castiñeiro Dacó e Dacolá, O Cotillón, Os Castros, A Corredoira, O Petouto e A Pedra do Couto. Están deshabitados A Graña, O Raque e Viador.
É unha parroquia con abundancia de castros, os chamados de guarnición común moi abundantes na comarca. A igrexa parroquial tivo varias reformas e a súa espadana de dúas campás é do século XVIII. Á carón súa hai un cruceiro e un sartego paleocristián. Na praza principal do lugar hai un interesante cruceiro construído no ano 1863. É de plataforma, pedestal e capitel cadrangular e cruz octogonal, levando no anverso o Cristo crucificado e no reverso a Virxe en actitude de orar.
ASÍ ERA RIBADEUME NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XIX
O dicionario enciclopédico Madoz na páxina 1149 refírese a Ribadeume do seguinte xeito: “Feligresía en la prov. de la Coruña (9 leg.), dióc. de Santiago (15), part. jud. de Puentedeume (4) y ayunt. de Capela (1 ½). SIT. Entre montañas sobre la márg. der. del r. Eume. CLIMA frío y sano; tiene 69 casas en los l. de Espá, Piedra do Couto, Cameleiro, Castiñeiro, Carreira, Corredoira, Villermá, Pena de Traste, Ucedos, Roidiz, Ganidoiras, Fraga dos Cregos y Viador, que cuentan con varias fuentes de buen agua. La igle. parr. (Sta. María) es matriz de la de Santiago de Bermuy. Su térm. confina por N. con San Pedro de Eume, E. Faeira, S. r. Eume, y O. Bermuy. El TERRENO es quebrado y de madiana calidad con bastante arbolado; los CAMINOS vecinales y malos y el CORREO se recibe en la cap. de part. PROD: maiz, centeno, trigo, mijo, avena, patatas y legumbres: cria ganado vacuno, caballar, lanar, cabrio y de cerda: hay perdices, liebres, zorros, corzos, lobos y jabalíes. IND: la agrícola, hacer carbón y maderas para embarcaciones que esportan para el Ferrol y Puentedeume. POBL: 67 vec., 369 almas. CONTR: con su ayunt. (v).”
Ribadeume, 13 de agosto de 2012 (AF)
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
ribadeume_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios