O CD AS PONTES SUPEROU Ó NARÓN BP PIÑEIROS NO TROFEO DE CEDEIRA (2-2)

87

Na quenda dos penaltis ó CD As Pontes venceu ó Narón BP no XI Trofeo Maracaná, de Cedeira, nun partido que tivo dúas partes ben diferenciadas. Durante os primeiros corenta e cinco minutos o Narón xogou mellor ante un As Pontes con pouca intensidade e que deu moitas facilidades ós atacantes naroneses, que crearon moitas ocasións de gol, mentres que José Ramón apenas tivo intervencións neste primeiro período. No minuto quince chega o primeiro tanto do Narón ó transformar Mella un penalti cometido sobre Marcos Suárez. A falta de quince minutos, o pontés Carba aproveitouse do despiste da defensa pontesa para establecer o 2-0 no marcador.
Na segunda parte o partido cambiou de cor pola entrada dos que poden ser os teóricos titulares no As Pontes, que comezou a xogar con máis orde. Xa non tivo os erros defensivos da primeira metade e ademais chegaba con claridade á portería de José Ramón. Puido acurtar diferenzas no marcador no minuto quince nun claro penalti por derribo de Dieguito dentro da área naronesa, que todo o mundo veu menos o trío arbitral.
Logo das ocasións de Iván González e Cañizares, chegou o primeiro gol pontés nun centro de Iván González que Sergio Arias dun forte disparo mete polo escuadro da meta do Narón. Cando todos daban como definitivo o 2-1, chegou o empate por obra de Cañizares que meteu o balón pegado á cepa do poste dereito ante o que nada puido facer o gardameta naronés.
Na quenda dos penaltis o As Pontes materializou catro por tres o Narón BP, logrando así o trofeo Maracaná. Hoxe o CD As Pontes desprázase á Mariña luguesa para enfrontarse ó Viveiro no campo de Cantarrana (18,30) no trofeo Cidade de Viveiro.
Naron - As Pontes


FICHA TÉNICA:
NARÓN BP PIÑEIROS: José Ramón, Óscar Rivas, Jorge, Xusto, Alberto, Cristian, Carba, Pablo, Santi, Mella e Marcos Suárez. Despois entraron Jhoni, Damián, Luis e Quintana.
CD AS PONTES: Iván Parapar (Kiko, 15), Jorge Nano, Moya, Pablo López, Rochela, Púas, Dieguito, Bossa, Eloy, Esmorís e Javi. No segundo entraron Dani, Iván González, Sergio Arias, Pablo Domínguez, Cañizares e Criado.
ÁRBITRO: Víctor García Villaverde, da delegación de Ferrol. Tivo algúns erros, sobre todo o penalti non sinalado por derribo de Dieguito dentro da área naronesa.
GOLES: Minuto 15 (1-0), Mella de penalti. Minuto 30 (0-2), Carba. Min. 73 (2-1), Sergio Arias. Min. 90 (2-2), Cañizares.
PENALTIS: Cristian (gol), Cañizares (gol), Damián (gol), Sergio Arias (gol), Xusto (para Kiko), Rochela (gol), Quintana (gol), Dani (para José Ramón), Carba (balón ó longueiro) e Bossa (gol).
INCIDENCIAS: Partido correspondente ó XI Trofeo Maracaná disputado no campo do Beco, de Cedeira, ante uns douscentos espectadores. Ó final do encontro o presidente do Cedeira SD fixo entrega dos trofeos ós capitáns dos dous equipos.
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Naron - As Pontes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios