Entrevista a Noé Calvo Pardo, por Xose Ferreiro

407

Noé Calvo Pardo naceu en As Pontes o 1 de Abril de 1985. Comezou a súa traectoria como futbolista nas categorías inferiores do Endesa de As Pontes, nas que xogou varios anos e conseguiu títulos de Liga e Copa de Ferrol. Xa como xogador de fútbol sala dende os 19 anos, pasou polo Unidade de Fene, Hermanos Barbeito, Cidade de Narón e estivo nas catro últimas temporadas no equipo da casa, O Esteo. A finais de xaneiro deste ano chegoulle unha oferta do Clube Operario Desportivo das Illas Azores para xogar na Primeira División Portuguesa, tren que o habilidoso pívot pontés non deixou pasar, e no seu debut conseguiu cos seus compañeiros acabar sexto clasificado e chegar ós play offs finais. Noé comeza a prepararse estes días para a que será a súa segunda tempada na máxima categoría do fútbol sala portugués, nesta ocasión, no seu novo equipo, o Associaçao Desportiva Fundao. Uns días antes da súa marcha ó país veciño conseguimos falar con él e estas son as súas impresións.
Noé Calvo Pardo


Hola Noé, moitas gracias por concedernos estes minutos, ti empezaches nas categorías inferiores do Endesa de As Pontes, con moitos éxitos por certo, pero unha vez rematada a túa etapa digamos de formación xa deches o salto definitivo ó futbol sala, ¿que che motivou a tomar esa decisión? ¿por qué fútbol sala e non fútbol campo?
Pois estiven oito anos xogando a fútbol campo, e gustar gustabame moito, pero non me gustaba tanto adestrar, porque chovía, facía frío, e ó mellor non xogaba todo o que eu quería tampouco.
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Na túa traxectoria no mundo do fútbol sala pasaches por Unidade de Fene, Hermanos Barbeito, Cidade de Narón, e no Esteo estiveches catro tempadas, dende a 2008-2009 ata a 2011-12, antes de recalar en terras portuguesas ¿Cal consideras que foi a túa mellor etapa?
Pois creo que as catro tempadas que estiven no Esteo, no Narón empecei moi ben, en 4 ou 5 partidos xa levaba 11 goles, e tamén xogaba moito tempo, o peor ano foi en hermanos Barbeito, que estiven lesionado catro meses case, tiña ciática, e non me deixaban xogar, e no Unidade de Fene era moi xove, aínda asi metín 30 goles con 19 para 20 anos que tiña daquela, estivo ben, pero era o primeiro ano e non sabía moito deste mundiño.
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Ti de pequeno me imaxino que irías a ver ó mítico Autos Puentes, e anda que non pasaron bos xogadores polos moitos anos de historia deste histórico equipo, ¿fixabaste en algún en especial?
Pois si que o ía a ver, e había moitos bos xogadores coma ti dis, quedaríame con Andi, e con Pellón tamén por suposto, pero Andi era o que máis me chamaba porque eu tamén era da Fraga coma él, e veiao xogar e gustabame moito.
Grandes, fai uns días falabamos con Roi, houbo moitos ponteses campións ou medallistas coa selección galega de fútbol sala ó longo da historia, ¿a ti seleccionaronte algunha vez?
Non, estiven a piques de ir, cando estaba en Hermanos Barbeito e o meu equipo estaba en zona de descenso, foi algo que se rumoreou pero nunca me chegaron a chamar, porque nunca soían coller a xogadores de División de Honra e de Plata.
¿E tes algún título ou medalla importante no mundo do fútbol sala?
Pois desgraciadamente so teño trofeos de maratóns.
Pregunta complicada para un killer coma ti, ¿dos moitísimos goles que marchaches ó longo destes anos, os que máis valoras cales poden ser?
Quizáis no play-off contra o Modicus, e contra o Benfica tamén, anque foi un gol de empuxala nada máis, pero era contra un equipo histórico.
¿Como te definirías como xogador?
Xogador con gol, teño gol, regate, xogador técnico, alto, pero costame defender.
Neste ano pasado que xogaches nas Illas Azores, ¿que tal te acolleu a directiva, o adestrador, os novos compañeiros e o público?
Moi ben, moi ben, a xente estivo impresionante, unha educación incríble, moito respeto, por riba eu ó non estar acostumado a ser profesional tíñanme que educar coma quen di, e nos catro meses que estiven, foi impresionante, vinme ben con todo o mundo, trataronme como un máis, que eu fun con medo, pero foi incrible o trato que me dispensaron.
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Me imaxino que nada máis chegar, no teu equipo, unha calidade tremenda en todos os xogadores, pero ¿había algún do que dixeras “este é unha máquina”?
Todos, todos, o que máis, André, o que vai xogar conmigo este ano en Fundao, e Minhoca, o capitán, ese era incrible como xogaba.
Pasas de xogar no Esteo, nun gran equipo pero nunha categoría máis ou menos cómoda a facelo nin máis nin menos que na Primeira División Portuguesa, imaxinome que moitos cambios serían bruscos, por non dicir todos, pero así a bote pronto, nada máis chegar e comezar a xogar, ¿que é o que máis che cambia?
O ritmo, ti chegas alí, non tes ritmo, e pasanche por enriba, o primeiro mes paseino moi mal por iso, movíase o balón a unha velocidade incrible.
¿E como era o tema de adestrar e competir con un equipo profesional de alto nivel?
Pois nos tiñamos dous adestramentos ó día, case sempre, pola maña, dúas horas, de 10 a 12, comía, pola tarde volvía a adestrar, ás 5, saía as 7, ceaba, estaba un pouco no ordenador e a durmir para o día seguinte, e o venres cando xogabamos fora, adestraba pola mañá, saía o avión a 1 do mediodía e ata o luns non volvíamos, concentrados todo o fin de semana.
¿Como valoras o teu rendemento no equipo, a nivel de goles, partidos, minutos?, ¿marchaches e xogaches moito?
O primeiro mes paseino bastante mal porque non estaba adaptado, despois xoguei sempre de titular, uns 20 ou 25 minutos, tamén era o único pívot puro que había no equipo. Xa comecei marcando goles e quedei segundo máximo goleador do equipo, Minhoca meteu 26, e eu metín 8, logo con 7 tantos había varios.
E a temporada en si, estivo bastante ben, na miña opinión, fuchedes sextos na clasificación final, e logo no play-off dos 8 mellores quedachedes eliminados polo Modicus, que quedara terceiro clasificado por detrás dos intratables Benfica e Sporting de Lisboa, pero aínda así perdechedes forzando o terceiro partido, contanos un pouco como foron eses play offs.
O primeiro partido xogamos incrible, o mellor partido desde que estiven alí, gañamos 6-5, estivemos todos incribles, de feito, ves os 11 goles do partido e son 11 golazos, e eu pensei que podíamos facer algo, pero vas a xogar fora de casa e é totalmente diferente, detrás do balón todo o tempo, o segundo partido perdemos 3-2, puidemolo gañar, fallamos, e no terceiro partido meteronos un baño, 5-1, ademáis xogamos o segundo e o terceiro encontros sábado e o domingo, fora de casa, e non vimos o balón, estaba o pavillón cheo e a xente non paraba de apoiar ó equipo de casa.
E de esa experiencia de vivir en unha illa, ¿como eran os viaxes en avión?, ¿ou fixechedes algún en barco?, ¿algunha anécdota, algunha viaxe complicada?
Non, todo ben, moi ben todas as viaxes, foron todas en avión, eu tiña moito medo, pero todo saiu ben, fixemos 12 ou 13 viaxes en total desde que eu estiven alí.
E das Illas Azores, un lugar con tantos atractivos, ¿que nos podes contar como experiencia vital?
Pois é como Galicia pero con algo de mellor clima, pero era moi cambiante, igual ía a adestrar pola maña e facía un sol alucinante, saía de adestrar chovendo, ía a comer e logo volvía a adestrar, e volvía a facer sol. Había unhas paisaxes impresionantes, o que pasa é que era moi humilde a xente alí, eu vivía en un barrio de pescadores e non había moito diñeiro, os meus propios compañeiros, os xuvenís que xogaban con nosoutros, tiñan unhas vidas complicadas, ademáis a eles non lles pagaban, ou pagabanlles moi pouco.
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Vaia, ¿e como era o voso pavillón e a vosa afección?
Alí na illa había moitos pavillóns, había un que lle chamaban o Azor Arena que ten capacidade para 5000 personas, impresionante, e tiñamos “torcida” e todo, igual non eran moitos, 40 ou 50, pero tiñamos a torcida do Operario alí animando.
Creo que no estadio no que máis xente vos foi a ver había 4000 persoas, ¿cal foi o que máis che impresionou ou o que máis respeto che causou ó pisar a pista?
O pavillón que máis cheo estivo nun partido noso foi contra o Benfica, ata catro mil espectadores foron, que ademáis foi o meu primeiro partido alí, o malo é que era todo o mundo do Benfica, porque alí o Benfica é unha enfermidade, aló onde vai o Benfica ou o Sporting de Lisboa arrasan.
(Risas) Ti que xogaches na Liga portuguesa e que me imaxino que segues con asiduidade a Liga Nacional de Fútbol Sala pola TV ou Internet, ¿que diferencias máis significantes ves entre as Primeiras Divisións de Portugal e España?
España é mellor tácticamente, anque agora mesmo está baixando un pouco o nivel de España, e en Portugal os xogadores son máis técnicos, hai máis uns para uns, máis calidade, porque en España hai moita calidade, pero en equipos grandes, logo de metade para abaixo teñen dous que marcan a diferencia e o resto son bos tácticamente, pero alí todo os xogadores teñen calidade, polo menos o que vin eu, os oito primeiros equipos teñen moitísima calidade, son peores tácticamente.
E para este ano fichas polo Fundao, que quedou oitavo na Liga do ano pasado e foi eliminado precisamente polo Benfica no play-off, ¿que agardas do teu equipo e a nivel persoal para este 2012-13?
Quedaron oitavos e perderon na primeira eliminatoria do play-off contra o Benfica, din que están facendo un equipazo, ficharon a dous ou tres internacionais, e están facendo un equipo moi moi bo, polo que me comentaron este ano aspiran a bastante, e son pagadores, pagan ó día, e bueno, eu necesito un ano así para ver o que podo chegar a dar de min. Ademáis para min é moito mais cómodo pois o lugar onde vou xogar queda a tres horas de Ourense e podo vir cando queira.
Por certo, ¿como viviches o título final entre dous equipazos, Benfica e Sporting de Lisboa, que gañou ó Benfica na prórroga e despois de agotar os 5 partidos? Con moita polémica por certo, dous equipazos, o Benfica, Campión de Europa 2010, e o Sporting de Lisboa, finalista en 2011, e semifinalista este ano, perdendo 4-1 co todopoderoso Barcelona, ambos equipos reverdecendo vellos laureis portugueses do Freixeiro que ata que o Benfica gañou a Copa de Europa e previamente xogara outra final en 2004, fora o único finalista portugués nesta competición perdendo claramente ante o mítico Interviú Lloyds en 1991.
Eu creo que é mellor o Sporting de Lisboa, eu xoguei contra o Sporting, e non vía o balón, o Benfica deixache xogar, o que pasa é que cando chega matate, meteos todos, ten moita máis pegada que o Sporting, pero o Sporting xogando o balón, non ves a pelota, de feito foi unha decepción para min na semifinal da Copa de Europa, que perderon 4-1, que lles faltaban os dous mellores xogadores, pero que eu pensaba que podían competir de ti a ti con eles, e o Barça en dez minutos meteulle catro … pero o Sporting, e tamén o Benfica, que foi campión de Europa hais dous anos, eses dous equipos compiten contra calquera do mundo polo nivel que teñen.
¿E nos vosos enfrontamentos directos contra eses dous equipos que tal vos foi?
Nosoutros puidemos gañar ó Benfica, o primeiro partido de Copa íamos gañando 4-1, no descanso, botaronos a tres na segunda parte, e perdemos 5-6, e despois noutro partido tamén íamos perdendo 4-3, sacamos porteiro xogador e quedamos 6-3, pero estivemos ahí, pero contra o Sporting non tivemos opción, non veíamos o balón e so lle metemos un gol, eles meteron tres pero puideron marcar dez.
E a nivel de xogadores, Portugal foi subcampiona de Europa en 2010, perdendo precisamente 4-2 con España, se che digo, non sei, por exemplo, a bote pronto, Joao Benedito, Paulinho, Pedro Cary, Leitao, Joao Matos, polo Sporting, Joel Queirós, Davi, Bebe, Ricardinho, Gonçalo Alves, polo Benfica, ou calquer outro dos moitos que hai, ¿con cales te quedarías?
Pola miña posición fíxome en Joel Queirós, que xogou no Pozo de Murcia hai anos, ese é incríble, pero o mellor para min é César Paulo, é tamén pívot, do Benfica, logo do Sporting, Leitao, ex do Lobelle, tamén é moi bo, pero o mellor de todos era Deo, un brasileño que non xogou na Copa de Europa, ese era incrible como xogaba.
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
¿E que che pareceu Ricardinho?, que din que é o Cristiano Ronaldo ou o Messi do fútbol sala mundial.
Ricardinho é moi bo, pero eu creo que os hai mellores, anque este ano non o fixo moi ben, a ver, é unha estrela, din que é o mellor xogador do mundo, e cada vez que me intentaba encarar eu sabía que era en directo e temblaba.
(Risas) Non sei si puideches seguir tamén a final española, a cinco encontros tamén, con un 3-6 do FC Barcelona en Murcia na prórroga, que lle deu o título, que non sei a ti, pero a min pareceume espectacular.
O actual Barça é o mellor equipo da historia para min, ¿que pasa?, El Pozo estaba xogando incrible, e chega e igual falla unha ou dúas, pero o Barça chega e meteas todas, ten a Wilde, ten a Lozano, ten a Javi Rodríguez … que esa xente non che falla, no Pozo si falla Miguelín, Esquerdinha ou Kike, por exemplo, pois xa é máis complicado, pero o Barça ten 8 ou 9 xogadores que teñen pegada todos.
¿E ti eres dos que prefire un bo partido de futbol once ou un bo partido de fútbol sala?
Depende, porque un FC Barcelona-Real Madrid por exemplo, eu prefiro ver un partido destes porque eu vexo a Messi e alucino, e ver un El Pozo-FC Barcelona pois tamén me gusta, pero xa sabes, o fútbol campo…e que é o que nos “ensinaron” desde pequenos.
Un equipo e xogador de fútbol sala e idem de fútbol once.
Pois Lenisio, e Alemao, porque Alemao é espectacular, se xogas con el ó seu lado eres mil veces mellor, e logo FC Barcelona e Messi.
Alemao é un crack, con 36 anos, e campión de Europa este ano. Noé, ¿outras cousas que forman parte da túa vida ó marxe do fútbol sala?
Pois a música, os concertos, estar cos amigos, vida normal, vida tranquila.
Por certo, pregunta indiscreta de contestación voluntaria, ti eres Noé Calvo Pardo a tódolos efectos, así o indica o teu DNI, pero sen embargo, en relación a ti, sempre se escoita … Yombo … Yombo … Yombo … ¿Porque te chaman así?
(Risas) De un videoxogo que poñía de nick Yombo Black Panther, e quedoume para sempre, de xogar alí no Cyber, poñíamonos apodos, e desa época curiosamente todos os que estábamos no Cyber quedaron co seu apodo, e a min quedoume Yombo.
(Risas) ¿Antes de viaxar a Portugal cales son os teus soños?
Quero chegar ó máximo que poda, son maior, teño 27 años, e senon engancho algo bo…esta é a miña oportunidade.
Pois moitas gracias por estes minutos e moita sorte nesta nova temporada en Portugal Noé.
Gracias a ti.
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Noé Calvo Pardo
Fotografías cortesía de Antón Ferreiro
ENLACES PARTIDOS



Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios