O DEVESO CELEBROU A FESTA PATRONAL DA ASUNCIÓN

104

Na fin de semana con máis festas en toda Galicia, a parroquia do Deveso honrou á súa patroa, a Virxe da Asunción, na xornada do sábado 18 de agosto.
Despois das bombas de palenque anunciando as festas, celebrouse a misa na igrexa parroquial, seguida da procesión que estivo acompañada pola Banda Municipal de Música de As Pontes, que despois ofreceu un pequeno concerto no campo da festa. A sesión vermú e a verbena estiveron amenizadas polo Dúo Caribe.
No propio campo da festa, cuberto cunha carpa, preto de cento cincuenta veciños e nados nesta parroquia vidos de diferentes localidades da comarca, principalmente da vila pontesa, celebraron un xantar de confraternidade.
deveso_01.jpg


SANTA MARÍA INSUAFIZ DO DEVESO
Parroquia montañosa situada ó noroeste do concello limitando con As Somozas e Ortigueira e a parroquia do Freixo. Despois da de Espiñaredo, é a segunda en menos extensión cun pouco máis de sete quilómetros cadrados (7,22) e a súa poboación descendeu considerablemente, pasando dos 173 do ano 1975 ós 22 veciños de hoxe, repartidos nos lugares da Cabeceira (1), Casal do Paio (1), A Cernada (3), Deveso-Igrexa (6), O Xarel (1), Outeiro de Abaixo (3), Recemonde (5) e O Rego (2). Están deshabitadas as aldeas da Azureira, A Besta, Cabandelas, As Cancelas, O Chao dos Paces, Chao dos Carneiros, Outeiro de Arriba, A Pereira, Trambasmeras e Vilariño.
Como se sinala, a súa demografía descendeu considerablemente nos últimos cincuenta anos. O Deveso chegou a ter preto de trescentos habitantes (273 en 1845). Segundo os datos da asociación de veciños, os nacementos ían en ascenso. Curiosamente, na década da guerra civil (1930-39) rexistrouse a cota máis alta, con 107 nacementos, mentres que entre 1990 e 1999 tan só houbo un.
Xunto coa do Freixo é a parroquia máis montañosa con alturas superiores ós 500 metros, sobresaíndo as Penas da Noite (664 m) e o monte das Cabandelas (555 m). Entre as montañas atópanse pequenos regos como os da Picheira, Borrallas, As Cancelas, Soutochao e Os Carrís, formando estes dous na súa confluencia o río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira.
Ademais da igrexa parroquial, construída en 1700 sobre unha máis antiga, nesta parroquia hai unha pequena capela adicada a Santo Antonio, que é de propiedade particular.
Dispón dun local social situado na antiga escola, onde se celebran diversas actividades ó longo do ano. Ten unha interesante exposición de fotos antigas da parroquia con escenas familiares, festas, vodas, veciños no servizo militar, etc.
Deveso (As Pontes), 18 de agosto de 2012 (AF)
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
deveso_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios