EMPATE ENTRE O VAL E AS PONTES NO CAMPO DA CAPELA (2-2)

41

Os As Pontes rematou a pretemporada cun novo empate a dous goles, o cuarto nesta fase preparatoria, ante O Val, equipo da Preferente Autonómica, en partido amigable disputado no campo de herba artificial do veciño concello da Capela, que serviu de preparación para os ponteses de cara ó encontro da primeira xornada de liga en Dorneda a vindeira fin de semana.
O partido estivo moi igualado cun Val moi loitador e que lle puxo moi difíciles as cousas ós de Manolo García, que terán que mellorar moito para afrontar con certas garantías unha temporada ligueira que se presenta moi disputada tanto na zona baixa como nos primeiros postos que dan dereito á promoción de ascenso.
Ós oito minutos adiantouse o conxunto valexo por mediación de Álex López, igualándose o partido cun gol en propia porta de David ós vinte e catro minutos, resultado co que se chegou ó descanso. A segunda parte foi un calco da primeira, con ocasións para os dous equipos. De novo adiantábase o Val na primeira xogada do segundo tempo con tanto de Óscar logo dun rápido ataque valexo. A definitiva igualada chegou no minuto 72 nun contragolpe do As Pontes que culminou Pablo Domínguez. De aí ó final os dous equipos intentaron desfacer a igualada, pero o marcador non se movería.
capela_01.jpg


FICHA TÉNICA:
SD O VAL: Ángel, Miguel (Borja, 46), Piñón, Adrián, David, Gordillo (Félix, 70), Sampedro (Iago, 60), Álex López, Óscar, Álex Ares (Antonio, 46) e Davicito (Baamonde, 78).
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Chote (Dani, 62), Pablo López, David Piña, Javi (Cañizares, 46), Bossa 8Guille, 46), Magi (Eloy, 46), Sergio Arias (Dieguito, 46) e Pablo Domínguez.
ÁRBITRO: Alejandro Miño Pico, asistido de Jorge Martinez e Daniel Calderín da delegación de Ferrol.
GOLES: Minuto 8 (1-0), Álex López. Minuto 24 (1-1), David en propia porta. Min. 46 (2-1), óscar. Min. 72 (2-2), Pablo Domínguez.
INCIDENCIAS: Partido amigable disputado no campo dos Calzados, da Capela, ante uns douscentos espectadores.
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
capela_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios