A CORAL ENDESA AS PONTES ACTUARÁ NO I WORLD MUSIC FESTIVAL DE PRAGA

33

A Coral Endesa de As Pontes viaxa este venres 24 a Praga, onde actuará no Festival Mundial de Música “I World Music Festival”, que se celebrará na histórica e bonita capital da República Checa do 25 ó 30 deste mes.
Neste festival actuarán máis de vinte agrupacións musicais nas especialidades de bandas de música de concerto, de Brass Band, bandas de música con majorettes, grupos folk, grupos folclóricos, grupos históricos, danzantes, portaestandartes e agrupacións corais. Os participantes proceden de Italia, Bulgaria, Turquía, Finlandia, Brasil, China, Nova Zelandia, España e da propia República Checa.
O domingo 26 e o luns 27 será a exhibición de tódolos grupos. A xornada do martes será de descanso para visitar zonas de interese cultural da histórica Praga. O mércores 29 será o desfile de tódolos participantes na praza S. Nanest Starmestské Namesti da capital checa e pola tarde as corais terán a oportunidade de ofrecer repertorio sacro na parroquia da Nosa Señora das Neves de Praga. Ó día seguinte os participantes regresarán ós seus países de orixe.
coral.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios