Resultados do Grupo Xuvenil no Campionato de España de Maratón de Piragüismo

28

Por segunda semana consecutiva os piragüistas do Grupo Xuvenil de As Pontes desplazaronse á localidade de Tui, nesta ocasión para participar no Campeonato de España de Maratón, no que este ano se decidía que embarcacións representarán a España no mundial da modalidade que se celebrará en Roma.
O cadete David Tonislavov en K1 sobre a distancia de 12km acadou a 37ª posición na proba máis concurrida da fin de semana. Xa sobre a distancia de 21’5km o K2 Junior formado por Alejandro González e Pablo Moreno re ataron 16º na súa primeira participación nunha proba destas características, e o veterano Ernesto Gancedo foi o 12º na categoría de K1 de 35 a 40 anos.
Destacar que á dureza propia das probas de maratón houbo que engadir a calor que fixo en Tui e a dificultade do porteo, longo e cunha rampa de baixada espectacular per bastante perigosa na que numerosos participantes caeron.
maraton1.jpg


maraton2.jpg
maraton3.jpg
maraton4.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios