AS PONTES PRESUME DE PRAIA E LAGO

77

Os ponteses xa poden presumir de ter praia propia dende este luns. O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o director de Endesa da zona Noroeste, Francisco Arechaga, foron os encargados de oficializar a apertura da praia, acto ó que acudiron varios miles de veciños, así como visitantes vidos doutros lugares de Galicia, que non quixeron perderse este acto simbólico. Tamén estiveron presentes, en representación de todos aqueles veciños que tiveron que abandonar as súas casas debido á explotación mineira, un rapaz e unha señora que foi da parroquia da Vilavella, que se encargaron de descubrir a placa.
Francisco Arechaga falou do traballo que custou poñer en marcha este proxecto de rehabilitación do oco da mina, que para os máis escépticos era unha utopía, pero que hoxe é unha realidade. Pola súa banda, o alcalde pontés rendeu unha homenaxe a tódolos veciños que viviron os comezos da mina dende o ano 1948 no Portorroibo ata hoxe, sobre todo a aqueles que xa non están con nós e que puxeron o seu grao de area para que isto sexa hoxe unha realidade.
Trala apertura oficial da praia, catro mozos do equipo cadete de fútbol (Álex Blanco, Álex Pardo, Antón e Andrés) foron os primeiros en probar a auga desta praia, ademais da concelleira Montserrat García, que só se mollou ata os xeonllos. Ó longo do día máis veciños e veciñas tamén probaron a morna auga do lago de 22ºC, que ten unha superficie duns oito quilómetros cadrados e 17,8 quilómetros de perímetro, cunha profundidade máxima de máis de 200 metros. Agora queda dotala duns servizos axeitados, como acceso peonil, aseos e o mobiliario axeitado para que os veciños e forasteiros gocen deste espazo situado nun entorno natural privilexiado á beira da vila.
Ó longo da xornada houbo actuacións musicais a cargo da Escola Municipal de Música Tradicional, a Banda Municipal de Música, o Grupo Folk Muxarega e Jin Tony’s Son, para rematar na noite cunha sesión de fogos de artificio.
praia_aspontes-01.jpg


MOMENTOS PARA A NOSTALXIA
A emoción en moitos dos centos de ponteses que se achegaron o luns a este lugar era patente e a máis dun saíulles algunha bágoa, pois estaban pisando o sitio onde antano estivo a súa aldea, na que viviron gran parte da súa vida nunha época moi distinta a de hoxe, pero na que prevalecía a amizade, a convivencia e a solidariedade entre todos.
Nese intre á cabeza dun viñeron os recordos da década dos anos sesenta, das mallas, a colleita das patacas, a sega do trigo, a recollida da herba seca para o gando, os xogos populares, como a billarda, o brilé ou tamén dar unhas patadas a unha pelota na propia estrada, pois había tempo para elo, xa que naqueles anos non había moitos coches e pasaba un de cada media hora ou incluso unha. E os domingos do verán partido de fútbol entre os mozos da Ponte da Pedra e A Casilla contra os do Pobo, equipo que formaban Domingo e Pepe do Coxo, nun campo, antes unha leira, situado á beira da estrada de Ferrol, preto do cruce do Meidelo. Despois do partido, un baño no río da Ponte da Pedra.
Podemos dicir que no areal da praia estabamos no que antes foi a Ponte da Pedra de Riba, onde un viviu a infancia e xuventude, coa casa e taberna de Benedicto, as casas de Suso e Apolinaria do Cotelo, Honorio do Outeiro e Salguero no baixo (despois Castro e Amencia), Antón das Barosas e Marina (máis adiante viviron no andar de arriba o tío Vicente e a súa familia e despois Tanucho e Mercedes) e a de pedra de Estrella e Manolo do Roxo. Na outra beira as de Alfonso e Graciela e a de Manolo Geada, o das gaseosas Casba, e Marina e Camilo. Pasando o cano cara os Mouros, a de María das Cabras, o Roxo do Cano e os Vizoso (antes os de Purriños) e Eliseo do camiño vello.
Seguindo a estrada estaban as da Ponte da Pedra de Baixo, coas de Santos (despois os Tembrás e Antonio e Dina), Amador de Vera, Manolo do Mesón, Ramiro e Esperanza (despois Claudio), Víctor e Genoveva (logo veu Cupeiro, que despois marchou a Ourense), Servando e Remedios (despois Picos), Beceiro e os Carballeira, a de José Bellas e Josefa, a de Alfonso do Redondo, a dos de Lucas, a da señora Manuela do Redondo, Amador de Rosalía, Pepe do Secadeiro, Carballo (logo Basilio e Maruja), os Tembrás, a de Amador de Cristina, a de Juan e Genoveva, a de Rodolfo e Isolina e tirando cara o camiño vello (a “Vía Marítima” de Lugo a Ferrol, que na Casilla seguía un ramal por Illade e O Grou pasando pola Barqueira ata Cedeira) a de Anterio e Guillermina (logo a familia Campos), a de Manuel da Cabana, a de Manuela do Cornocelo e a de Evaristo e Clotilde.
Collendo o camiño da Barosa, primeiro estaban as casas do Freixeiro de Illade, Manolo “o xardineiro” e Fina, Manuel e Evangelina, David e Josefa, un pouquiño máis adiante, na Palloza, a de Paulino e María, a de Alfonso García, Lola e Modesta e xa na Barosa, a dos Pepes e Pura e a de Pancho Cazás.
Despois de cruzar o río da Ponte da Pedra (coñecido en Gondré por río do Mariñao) pola ponte que hoxe está no parque de Lesneven, indo pola estrada de Ferrol, seguían as aldeas de Illade, A Palloza, Seara, A Veiga e as Casas de Abaixo, pasando antes polos Mouros -a onde íamos á escola de Carmen e despois a que puxo na Vilavella- e Os Alimpadoiros, para xirar cara o oeste para ir ó barrio do Meidelo coas aldeas da Cartilida, Almigonde, Casaldaboa, Casalonga, Castro da Uz, Ferreira, O Outeiro, A Picheira, O Portorroibo, O Ribeirón e O Vilar, onde se celebraba a festa do San Cristovo, hoxe os antigos veciños celébrana na Esfarrapa. Se un ía pola estrada da Coruña atopábase primeiro coa aldea da Barosa, logo con Carracedo e Sáa de Abaixo, tamén lugares xa no recordo.
Seguindo cara o oeste chegaba un á parroquia de Espiñaredo, da que desapareceron o Almigonde, Os Codesás, O Portoferreiro –coa a taberna e salón de Cascudo-, Toiverde e A Vidueda. Máis adiante a parroquia de Seoane ou Seixo, da que tan só quedan dúas aldeas (O Castro e A Pena de Eiriz), pois Alvariños, A Braña, Os Carballás, O Carboeiro, A Castiñeira, Higoso, Seoane, Pedomonte, O Pereiro, A Regoña e O Sumeiro desapareceron para sempre.
Tirando cara o sur deixaron de existir Cornas, Meizoso, O Pazo, O Seixo, O Val e A Veiga, aldeas que foron da parroquia de Goente. E preto da vila tamén tiveron que sucumbir pola construción da nova central os lugares da Balsa, O Acibido, A Parrocha e parte da Vilavella, da que só se conserva a igrexa, o cemiterio e unhas casas restauradas pero sen ningún uso.
O lembrado e querido Don Enrique, o cura dos Chaos, dixo hai anos que “a pequena patria de Illade, de feliz memoria, tivo que sucumbir no caro e non recompensado tributo que As Pontes houbo de pagar ó progreso industrial”. Esta frase serve tamén para tódolos lugares e aldeas e, sobre todo, para os seus moradores, que tiveron que deixar, a veces con moito pesar e sen unha xusta recompensa, o seu pequeno terruño para que As Pontes medrase industrialmente. Un pregúntase hoxe en día, ¿foron recompensados na súa xusta medida aqueles que nos anos cincuenta, sesenta e principios dos setenta do século pasado tiveron que deixar as súas casas e a súa forma de vivir?.
Os anos pasaron, a central de As Pontes medrou e hoxe é o centro produtor de electricidade máis importante de España. Moitos foron os veciños das Pontes que nela traballaron dende os inicios no Portorroibo na vella Calvo Sotelo e despois en Endesa, á que viñeron moitos traballadores procedentes doutras vilas e cidades galegas e incluso de fóra do noso país.
Algúns quedaron no camiño. Deles quédanos a súa lembranza e o exemplo do seu traballo e tesón en anos e tempos moi difíciles, nos que había que compaxinar o traballo na empresa cos labores do campo, pois o primeiro non daba para a modesta economía familiar.
Con moito esforzo algúns tivemos a sorte de realizar máis estudos despois de pasar pola escola da Calvo Sotelo. Empezáronse e marcar as primeiras televisións en branco e negro que facían os señores Romeu e Gómez. Tamén comezaron a verse os primeiros coches no lugar. A principios dos sesenta comezamos a ver fútbol de competición no campo do Poboado. Antes íamos ó campo da feira e ver o histórico Puentes. A empresa Calvo Sotelo facía unhas das mellores festas da comarca. O poboado das Veigas xa era unha realidade con bonitas casas brancas e fiestras verdes e fermosos xardíns. E hoxe (?).
Todos xuntos lograron saír adiante e hoxe os que aínda viven e os descendentes dos que se foron poden sentirse orgullosos do deber cumprido e de ter vivido neste fermoso val, que, segundo a lenda, era chamado de Valverde, pois alí existiu en tempos moi antigos a cidade de Villaverde ou Valverde á beira do lago de Carracedo, cuxos habitantes tiráronse ó vicio e Deus castigounos afundindo toda a cidade, afogándose tódolos habitantes agás unha moza que saíu nadando suplicando por Santa Eulalia. A moza foi salvada pola santa e no lugar do Portorroibo levantou unha ermida, hoxe desaparecida.
A tódalas persoas, os que xa non están con nós e os que aínda viven, debémoslles o noso recoñecemento e a nosa gratitude pola súa contribución ó progreso deste pobo.
As Pontes, 21 de agosto de 2012 (AF)
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
praia_aspontes-01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios