O AS PONTES GAÑA CON CLARIDADE NO DIFÍCIL CAMPO DO DORNEDA (2-4)

121

O As Pontes comezou a temporada cunha vitoria no difícil campo do Condús ó superar ó Dorneda por un claro 2-4, triunfo que lle permite romper a racha dun empate e dúas derrotas seguidas no pequeno campo oleirense (con 23 metros menos de ancho có Poboado e 10 de longo). Na primeira metade o equipo das Pontes estivo moi serio na parcela defensiva e aproveitou moi ben as ocasións de gol de que lle dispuxo neste primeiro período. Así no minuto 35 Cañizares foi derribado dentro da área polo meta Manu, penalti que transformou Bossa establecendo o 0-1. Mellor se lle porían as cousas ós ponteses cando catro minutos despois Sergio Arias marcaba o segundo logo dunha gran xogada de Cañi. Co 0-2 os dous equipos fóronse ó descanso.
dorneda_aspontes-0001.jpg


A segunda parte comezou con ocasións para os ponteses. Pero, serían os locais os que acurtaban diferenzas ó cabecear Liñares ó fondo das mallas. Os ponteses non se puxeron nerviosos e seguiron co seu ritmo de xogo. Sete minutos despois Cañi, a pase de Eloy, marca o terceiro para o seu equipo. Xa nos minutos finais Bossa marcaba o cuarto, tamén de penalti, e novamente Liñares, para o Dorneda, poñía o 2-4 definitivo, que lle permiten ó As Pontes sumar tres importantes puntos nun bo partido de todo o conxunto pontés, en especial dos goleadores Bossa, Cañi e Sergio Arias.
Na vindeira xornada, a segunda, o As Pontes recibe no Poboado ó Racing de Ferrol, o primeiro líder da liga despois da goleada que lle endosou ó Ordes.
FICHA TÉNICA:
C.D. DORNEDA: Manu, Miguel, Juan, Adrian Bouza, Dani Gómez, Elmer, Deza, Héctor, Efren (Jordi, 46), David Vidal (Liñares, 63) e Michi Castro.
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Jorge Nano, Chote, Pablo López, David Piña, Cañi (Dieguito, 87) Bossa, Eloy (Dani, 80), Sergio Arias (Javi, 87) e Pablo Domínguez.
ÁRBITRO: Óscar Martinez Santos, asistido por Gay Casal e Sampedro Valiña, da delegación de Santiago. Tarxetas amarelas ós locais Manu, Miguel, Dani Gómez, Deza, Héctor e David Vidal.
GOLES: Minuto 35 (0-1), Bossa, de penalti. Minuto 39 (0-2), Sergio Arias. Min. 67 (1-2), Liñares. Min. 73 (1-3), Cañizares. Min. 82 (1-4), Bossa, de penalti. Min. 87 (2-4), Liñares.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada de liga da Terceira División disputado no campo de Condús antes uns douscentos espectadores, con presenza de seguidores ponteses.
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
dorneda_aspontes-0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios