A CAMPAÑA GALICIA CALIDADE VISITARÁ AS PONTES O VINDEIRO 4 DE SETEMBRO

38

A campaña Galicia Calidade chegará a vindeira semana á nosa vila. Será o martes, día 4, e o seu autocar promocional permanecerá instalado na Avenida da Coruña durante toda esta xornada, co fin de dar a coñecer os diferentes productos e empresas que contan con esta marca.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Industria e Comercio, é a encargada de traer ata As Pontes esta unidade móbil que, ata finais de setembro, percorrerá máis dunha trintena de municipios de Galicia e achegará a máis de 35.000 persoas este selo de garantía que certifica a gran calidade dos productos da nosa terra, ofrecendo tamén información sobre esta marca.


A campaña Galicia Calidade tamén incluirá demostracións e obradoiros de cociña con produtos desta marca, que serán gratuítos e que se celebrarán ás 12.30 horas, 17.00 horas e 19.00 horas e que se poderán seguir tanto dende o interior do vehículo equipado cunha cociña, coma a través das pantallas habilitadas no exterior.
Asemade, os productos cociñados repartiranse entre o público, entre o que tamén se repartirán diferentes recetarios, obsequios, folletos promocionais e se realizarán sorteos. Os nenos tamén terán o seu espazo nesta iniciativa xa está previsto que se instale un castelo inchable na propia rúa para os máis pequenos.
A marca Galicia Calidade conta xa con máis de 150 produtos e servizos amparados nun total de 44 empresas asociadas que, deste xeito, adquiren un importante valor engadido, recoñecido coma sinónimo de confianza, prestixio e calidade. De feito, os programas de auditorías e ensaios de Galicia Calidade garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos, para o que é preciso que conten coas materias primas de máis alta calidade, óptimas producións e excelentes servizos.
Nova cortesía Concello de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios