O ESTEO FS XOGA MAÑÁ MÉRCORES UN AMIGABLE CONTRA O GUITIRIZ

23

Escudo-O-Esteo.pngO Esteo FS xoga mañá mércores un amigable contra o Guitiriz, conxunto da liga galega. O encontro comezará ás oito e media do serán (20,30h) no pavillón municipal da Fraga. Con anterioridade, ás seis media (18,30h), os conxuntos xuvenís dos dous equipos enfrontaranse tamén nun amigable de pretemporada, na que o xuvenil pontés participará por primeira vez na Liga Nacional Xuvenil.
O equipo, que un ano máis adestra Diego Paz, xa leva varios días de preparación de cara a próxima temporada de liga na Terceira División, na que en principio parte como favorito para o título dada a súa condición de subcampión da anterior liga. Conta co mesmo plantel do pasado ano, agás as baixas de Ito, Niceto e Chavo.
A presentación ante a súa afección será o vindeiro venres 7 no pavillón da Fraga diante do Cidade de Narón, equipo da Segunda División B. O Esteo comezará a liga na casa enfrontándose ó Melide o sábado, 15 de setembro.


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios