PRAZO DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS NA LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL-7 DE AS PONTES

136

Desde hoxe mesmo, e ata o vindeiro venres 28 de setembro, queda aberto o prazo para que todos aqueles equipos que esteñan interesados en participar na Liga de Veteráns de Futbol-7 2012/2013 de As Pontes se apunten a ela.
Todos os equipos interesados deberán de enviar un correo con todos os seus datos de contacto (Nome do representante do equipo, teléfono e email) á seguinte dirección de correo electrónico: futbolveteranosaspontes@gmail.com
Posteriormente a organización poñerase en contacto cos equipos interesados.
Poderá participar calquer equipo cubrindo un máximo de 16 fichas, sendo todas elas de xogadores a partir de 35 anos. Asemade poderán participar aqueles xogadores que cumplan os 35 anos antes do 30/06/2013.
O inicio da competición será o vindeiro 6 de outubro.
A organización da Liga de Veteráns tamén está na procura de xente que queira colaborar coma árbitros de esta competición. O interesados poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo electrónico arriba indicada, deixando os seus datos de contacto. Posteriormente todos os interesados serán contactados para informarlles das condicións de colaboración.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios