TRIUNFOS DO AS PONTES B E AS PONTES XUVENIL CONTRA O ORTIGUEIRA (6-2) E O VIVEIRO (3-2)

53

En partidos amigables disputados este sábado no campo do Poboado o CD As Pontes B goleou ó Ortigueira por 6-2 e pola súa banda o conxunto xuvenil venceu pola mínima ó Viveiro (3-2).
CD AS PONTES B – FC ORTIGUEIRA (6-2)
O conxunto filial non tivo problemas para impoñerse con claridade ó Ortigueira, nun encontro que ó descanso xa gañaban por un contundente 4-0, con tantos de Marcos Novo e Vicente, os dous por partida dobre. Na segunda parte o filial, que amosa boas maneiras para facer un bo papel na competición de liga, baixou o ritmo do xogo. Neste período marcaron para o As Pontes Borja e Fermin, logrando os do Ortegal outros dous co que maquillaron un pouco a goleada local.
Iván Rodríguez aliñou de principio a David, Filgui, Toti, Fran, Hugo, Álex, Guille, Ferreiro, Marcos, Narciso e Vicente. Na segunda parte saíron Fermin, Moya, Xavi, Borja e Criado. O As Pontes comeza a liga de Segunda Autonómica o vindeiro 23 de setembro recibindo no Poboado ó conxunto da Capela.
aspontesB-ortigueira_0001.jpg


aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
aspontesB-ortigueira_0001.jpg
XUVENIL: CD AS PONTES – VIVEIRO CF (3-2)
Máis igualado estivo o partido entre os equipos xuvenís do As Pontes e Viveiro, os dous militantes na liga galega. Comezaron ben as cousas para os de Carballo, que ó descanso gañaban por dous a cero, con goles de Dani (min. 5) e Tini (min.25). Na segunda parte os visitantes reaccionaron e logran empatar o partido ós catro minutos de xogo. Cando todo facía pensar que ese sería o resultado final chegou o gol do triunfo local no minuto 88 logo dun contragolpe que culminou Darío.
O As Pontes aliñou a Kriki, Saviola, Rubén, Gonza, Esteban, Lucho, Álex, Tini, Dani e Sergio. No segundo tempo entraron Jandro, Jairo, Dieguito, Álvaro e Isma. O As Pontes inicia a liga o vindeiro sábado 15 viaxando a Pontedeume para enfrontarse ó Eume Deportivo.
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
aspontes-viveiro_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios