MATRÍCULA ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS. CURSO 2012-2013

49

Destinatarios: persoas empadroadas no Concello das Pontes (as prazas non cubertas polos veciños das Pontes poderán ser ocupadas por persoas interesadas que presenten a solicitude en prazo)
Lexislación: Regulamento das escolas municipais culturais, BOP, nº 177 de 15/09/10 e posterior modificación 2012

escolas.jpg
Escolas-Municipais-2012-13.jpg


a) ALUMNADO MATRICULADO NO CURSO 2011-2012
Solicitude de renovación de praza: do 12 ao 19 de setembro
O alumnado matriculado no curso 2011-12, ten dereito á reserva de praza, sempre que:
– completase todo o curso anterior con asistencia habitual ás clases
– Non ter recibos pendentes
– Non se solicitara baixa do curso anterior
Todo alumno se matriculará no mesmo grupo no que rematou o curso anterior
b) ALUMNADO DE NOVA MATRICULACIÓN
Prazo de solicitude: do 21 ao 27 de setembro
Adxudicación de prazas:
DIRECTA: no caso de que a demanda non supere o número de prazas disponibles
SORTEO: no caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas disponibles
O listado de prazas vacantes, xunto coa data e horario do sorteo exporase o xoves 20 no taboleiro de anuncios do Dpto. de cultura.
Para todos os alumnos: o alumno considerarase matriculado unha vez realizado o pago da taxa vixente no prazo estipulado.
Documentación a presentar: impreso de solicitude de matrícula e fotografía tamaño carné para os novos alumnos.
MATRICULACIÓNS: Dpto. de cultura, Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, nº 28, 1º)
De luns a venres de 8:30 a 14:00 · Tardes: martes e mércores de 17:00 a 19:00 h Telf. 981 44 03 44

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios