UNHA NENA DE AS PONTES CANDIDATA A PROTAGONIZAR O NOVO VÍDEO DE SIGUR RÓS

95

A XOVE ACTRIZ PONTESA IREA CENDÁN OPTA A PROTAGONIZAR UN VÍDEO DA BANDA ISLANDESA
O prestixioso productor catalán Xavi Coll apostaba por Galicia para situar o vídeo que propuxo na convocatoria internacional que promovía a banda Sigur Rós para o seu novo video clip.
Coa dirección da arxentina Constanza Manescau, púñanse mans á obra no proceso creativo que os levou ata a praia do Trece en Camariñas, onde se gravou este traballo coa base do tema Ég Anda.
Para o papel da nena sobre o que xira a trama contou coa xovencísima Irea Cendán, unha nena de oito anos, de As Pontes, que conta xa con experiencia diante das cámaras, anque facía a súa primeira incursión nun vídeoclip musical.
A xove actriz tiña feito desfiles de moda, e participado en varias series de TV como Padre Casares ou Matalobos, e desta vez foi a escollida logo de buscaren unha actriz galega nese arco de idade.
Ademais completaban un elenco internacional, as actrices Alejandra Soler, Natalie Alexander, Karme Màlaga, e Marta Porta.
Agora, o vídeo parte como un dos grandes candidatos a gañar este certame, logo da boa acollida que está a ter na rede, especialmente entre os máis acérrimos seguidores do grupo, que velan armas diante da súa próxima visita a España, logo de dous anos de silencio.
Anque a última palabra a terá a propia formación musical, abríuse unha votación para o público en xeral, na que se poden ver todos os traballos que optan a ter un lugar no Mistery Film Experiment da banda, con espacio na páxina oficial de Sigur Rós.
Neste enlace pódese ver e votar o vídeo.


Rodaxe-Camarina.jpg
rodaxe.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios