TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – MELIDE FS (12-2)

48

Contundente vitoria do Esteo diante do Melide na xornada inaugural da Terceira División de fútbol sala disputada o pasado sábado no pavillón municipal da Fraga. Os ponteses non tiveron rival nun Melide que puxo vontade, pero nada puido facer ante a superioridade do cadro local, que cominou con claridade, tendo, nesta ocasión, unha gran efectividade de cara ó gol nos moitos contragolpes que tivo ó longo do partido. Na primeira metade o Esteo xa gañaba cun claro 6-1. No segundo tempo marcáronse outros tantos goles. Co 8-2, minuto seis, os visitantes sacan porteiro-xogador intentando crear perigo na portería de Iván e os locais aproveitaron os erros dos visitantes para marcar catro goles máis ata chegar ó definitivo 12-2, resultado que coloca ó Esteo como primeiro líder da competición.
esteo-001.jpg


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Iván, Gerveno, Gerardo, Rubi, Bolly –cinco inicial- Pellón, Fran, Anxo e Diego.
MELIDE FS: Guti, Borja, Javi, Fer, Sergio –cinco inicial- Manu, Óscar, Alberto, Xurxo, Mosteiro, Carlos e Dani.
ÁRBITROS: Martín Vez e Pena Pereira, da delegación de Ferrol. Amoestaron ós visitantes Manu e Sergio.
GOLES: Min. 3 (1-0), Rubi. Min. 6 (2-0), Sergio en propia porta. Min. 11 (3-0), Anxo. Min. 14 (4-0), Diego. Min. 16 (4-1), Manu. Min. 17 (5-1), Rubi. Min. 20 (6-1), Fran. Min. 22 (7-1), Diego. Min. 25 (7-2), Manu. Min. 26 (8-2), Rubi. Min. 27 (9-2), Bolly. Min. 29 (10-2), Gerveno. Min. 30 (11-2), Gerardo. Min. 31 (12-2), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada de liga de Terceira División disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns cen espectadores nas gradas.
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
esteo-001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios