O ESTEO PRESENTA MAÑÁ O SEU PROXECTO DE FÚTBOL SALA DE BASE

37

O Esteo de fútbol sala convocou para este venres 21 unha reunión informativa para explicar como se vai desenvolver o seu proxecto das categorías de base que poñen en marcha esta temporada.
Na intención do conxunto pontés, que milita na Terceira División de fútbol sala, está o ampliar a oferta de práctica deportiva para os máis pequenos da localidade, e, de chegar o caso, competir cos equipos que sexan formados.
A reunión de mañá está aberta a pais e membros das escolas deportivas, así como a tódolos interesados en recoller máis información de como se desenrolará esta interesante e enriquecedora proposta deportiva do Club pontés, que de principio, ademais do primeiro equipo, xa conta cun conxunto xuvenil que competirá na liga nacional e pretenden crear equipos de base dende a categoría benxamín á de cadetes.
A cita, aberta a todo o público, será este venres 21, ás sete e media do serán (19,30) en Casa Dopeso.
esteo.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios