SEGUNDA AUTONÓMICA: CD AS PONTES B 1 SDC A CAPELA 1

158

Empate a 1-1 entre o As Pontes e o equipo veciño da Capela no debut en Liga na Segunda Autonómica Grupo Cuarto.
Comezaron adiantandose os visitantes por medio de Noel (15´) tras aproveitarse dun despiste defensivo, pero Marcos Novo (20´) empataba pouco despois nunha xogada ó contragolpe.
Antes de rematar a primeira metade resaltar un lanzamento de Palas dende case o medio campo que bateu no longueiro.
No segundo tempo, tralo primeiro cuarto de hora Purriños tivo unha gran ocasión pero Juan fixo un paradón. O As Pontes tivo as súas por medio de Marcos Novo, que chegou algo tarde por dúas veces, e dúas de Vicente, unha na que se anticipa o porteiro visitante e outra tras un bo lanzamento de falta.
A tarde, con unhas condicións climatolóxicas terroríficas, non daba para máis e ambos equipos repartíronse as táboas e dous puntos.
segunda_001.jpg


Polo As Pontes xogaron Juan, Hugo Filgueiras, Fernando (Cristian 26´), Totti, Carlos, Palas (Xavi Pellón 75´), Borja (Vilasuso 75´), Criado, Narci (Moya 57´), Vicente e Marcos Novo.
Polo Capela xogaron Enrique, Marcos, Noel, Rubén, Poli, Santi, Telmo, Diego, Purriños, Mauro e Tino. No segundo tempo saíron Diego, Viñas, Raúl e Eloy.
Arbitrou o colexiado Rodríguez Torrente.
A semana que vén o equipo de Iván Rodríguez visitará ó complicado rival Numancia de Ares.
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios