O VINDEIRO VENRES 28 DE SETEMBRO VOLVEN AS FOLIADAS DO LAR

40

Tralo descanso estival, unha nova xeira de foliadas darán comezo de novo a partires do venres, ás 22:00, na habitual cafetería Lar. O sexteto Os Feroces da Galgueira serán os encargados de organizar esta primeira foliada na que terán como invitados ós extraordinarios e sobresaíntes cuartetos tradicionais Xente Nova, de Ferrol, e Medo Quiñón, de Burela. Asímismo participarán desta foliada as Pandereteiras da A.X. Entre Lusco e Fusco, de Vilalba, que farán o seu debut oficial coma tales.
O cuarteto XENTE NOVA, composto por integrantes da Banda de Gaitas Agarimo (Ferrol), nace no ano 2003 para asistir ao concurso de gaitas de Ponteareas. Desde entón xúntanse para tocar ocasionalmente en romarías ou para participar en diferentes concursos, resultando gañadores nos anos 2007 e 2008 do campionato celebrado en Cabeza de Manzaneda, dentro da Liga Galega de Bandas de Gaitas.
Máis recentemente, este mesmo domingo 23 de setembro, acadaron o 5º posto na XLV edición do Concurso de Cuartetos de Ponteareas.
A súa formación actual é: Pablo Argüeso e Alberto Falcón ás gaitas, Jorge García ao tamboril e Adrián García ao bombo.
As PANDERETEIRAS da Asociación Xuvenil ENTRE LUSCO E FUSCO levan menos dun ano ensaiando coplas e letras tradicionais para acompañar coas súas pandeiretas. Ata ese momento a súa actividades ceñíase a acompañar ós gaiteiros, resto de percusionistas e bailadores da súa asociación. Esta foliada apadriñará o debut como cantareiras de estas pandereteiras da Terra Chá.
O cuarteto MEDIO QUIÑÓN nace fai dous anos a partir do desaparecido grupo Sal da Felga. Curiosamente aínda que o grupo é un cuarteto está formado por cinco músicos, tendo sempre a un compañeiro como comodín para imprevistos na percusión.
O grupo está formado polos irmáns Xabi e Andrés Pérez Quiroga nas gaitas, David Mon no tamboril e Xelo Seijas no bombo. Óscar Villarquide é o quinto membro do grupo, e comodín do mesmo, tocando calquera das percusións. A parte de esta instrumentación Medio Quiñón pode tocar tamén con frautas de pico, fagote e clarinete.
FOLIADA-SETEMBRO-2012.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios