TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: CINCO CORUÑA FS – O ESTEO FS (1-2)

40

Importante vitoria do Esteo na cancha do Cinco Coruña por un gol a dous, o que permite ós ponteses manterse no liderato despois de dúas xornadas disputadas. O encontro estivo moi igualado con bo xogo por parte dos dous equipos, prevalecendo as defensas sobre os ataques, aínda que os dous equipos crearon ocasións para haber marcado máis goles, sobre todo o Esteo que tivo catro oportunidades moi claras. O primeiro gol chegaba ós catorce minutos nun contragolpe de Pelu e Gerardo, quen marca para o seu equipo. Sen embargo, dous minutos despois empatan os locais, resultado co que se chegou ó descanso. A segunda parte foi máis do mesmo, xogo moi igualado e ocasións para os dous equipos. Sen embargo tan só se lograría unha e sería para os ponteses ós tres minutos por mediación de Rubi. A falta de tres minutos o Coruña saca porteiro-xogador, pero os ponteses defendéronse ben e incluso puideron incrementar a vantaxe nun disparo de Rubi que pasou rozando o poste da portería coruñesa.
Esteo-Melide.jpg


FICHA DO PARTIDO
CINCO CORUÑA FS: Jacobo, Álex, Edgar, Oscarín, Bujía –cinco inicial- Dani, Marcos, Luis, Fon, Sergio e Brais.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Bolly, Gerveno, Pelu e Diego Pellón.
ÁRBITROS: Dans Rey e Corrochano Ibáñez, da delegación da Coruña. Amoestaron a Edgar, Oscarín, Rubi, Bolly e Pelu.
GOLES: Min. 14 (0-1), Gerardo. Min. 16 (1-1), Álex. Min. 23 (1-2), Rubi.
INCIDENCIAS: Partido da segunda xornada de liga da Terceira División disputado no polideportivo coruñés do Barrio das Flores ante uns cen espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios