LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 1 SDC RESIDENCIA DE LUGO 4

417

Contundente derrota na casa do equipo xuvenil adestrado por Carballo ante o Residencia de Lugo por 1-4. Comezou ben a súa andaina o equipo azul na Liga co triunfo 0-4 en Pontedeume pero dúas derrotas caseiras seguidas complicanlle a vida nada máis comezar o campionato.
aspontes-sdcr_lugo.png
Pouco se pode dicir da merecida vitoira do cadro visitante, un equipo mellor físicamente, ben posicionado e que soubo remontar sobradamente o 1-0 co que se adiantou o cadro azul.
Alex adiantaba ós locais no minuto 8´ de cabeza, pero Adrián (31´) e Jesús (35´) dabanlle a volta ó marcador antes de rematar os primeiros 45 minutos. Cun tímido disparo do brasileiro Magi chegouse ó descanso.
O segundo tempo so serviu para ampliar o marcador a prol dos visitantes, Jorge de penalti (76´) e Wiki (89´) selaban un marcador abultado co que marchan a Lugo no zurrón e que os sitúa cuartos con 6 puntos.
Sensacional rendemento dos outros dous equipos da comarca Galicia de Caranza e O Val que lideran a táboa con nove puntos en tres partidos, seguidos do outro veciño, o Racing Vilalbés, con sete. Os azuis momentáneamente son décimos cos 3 puntos obtidos en Pontedeume.
xuvenil_0001.jpg


Contra o colista Viveiro, que perdeu 4-3 en Pontedeume, xogará o As Pontes o vindeiro encontro, e haberá que intentar gañar, sen dúbida non será nada doado pois calquera dos 18 equipos da categoría teñen un alto nivel competitivo.
Xogou polo As Pontes, Krikry (Jairo 45´), Saviola (Gonza 65´), Rubén, Darío, Diego, Esteban, Dani (Adrián 73´), Alex, Magi (Lucho 83´), Dieguito (Tiny 83´), Sergio.
Polo cadro lucense Diego, Javi, Jorge, Heitor (Pablo 87´), Borja, Rasilla, Chiky, David (Manu 82´), Antonio (Wiki 63´), Adrián, Jesús (Iaguito 86´).
Arbitrou o encontro o colexiado Javier Iglesias Villanueva, auxiliado nas bandas por Raquel Ortega e Pablo Carballal, no Campo Anexo Jose, encontro ó que asistiron uns 100 espectadores en tarde soleada e fría.
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios