RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

34

Importante victoria do segundo equipo en Ares ante o Numancia por 1-2, territorio onde o ano pasado perdera 5-0. Con catro puntos en dous encontros unense a un grupo de sete equipos que lideran a táboa anque o fai o Neda por mellor goal average, o As Pontes é cuarto, empatado con Narahío e Somozas B. A semana que ven reciben ó Barallobre.
O Cadete de Marcos Roca logrou nunha contundente victoria na Copa en Miño, 0-12. Un hat trick de Iván e Brais Blanco, un doblete de David Rey e Nahúm, e un tanto de Roberto e Raquel selaron a goleada para un conxunto que se sitúa terceiro con catro puntos, por detrás de Meirás e O Val que suman pleno de victorias. A domicilio a semana que vén, contra o Amistade de Meirás, xogará o cadro azul a vindeira semana.
Tamén gañou no torneo copeiro o Infantil, 0-5 en Meirás, tantos de Andrés, Sergio Cazás, Airton, Sergio Otero e Alberto Ledo. Van segundos compartindo o liderado co Eume pero con dous goles menos que os de Pontedeume. Precisamente partidazo a vindeira semana en O Poboado, o campión de Liga e Copa do ano pasado, o Eume, visita As Pontes.
Peor lle foron as cousas ós máis pequenos dos equipos que xogaron esta fin de semana, pois dous descansaban. O Alevín A perdeu 1-0 en Miño, e a semana que vén recibirá ó Xuventude de Cabanas, namentres que o Benxamín B perdeu 4-1 en Cedeira, con gol de Hugo Blanco. Para a xornada que ven non xogan pois descansan.


Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios