AS PONTES TRIBUTOU UNHA HOMENAXE A DON ENRIQUE RIVERA ROUCO, QUEN FORA CRONISTA OFICIAL DA VILA

90

O sábado pasado celebrouse unha homenaxe ó que fora Cronista Oficial das Pontes, Don Enrique Rivera Rouco, con motivo do décimo aniversario do seu pasamento, acto que estivo organizado polo Liceo das Pontes e ó que asistiron representantes das diversas asociacións culturais e veciñais, ademais do alcalde, Valentín González Formoso, e varios membros da corporación municipal pontesa.
Abriu o acto Juan Pérez Folla, en representación do Liceo pontés. De seguido tomou a palabra José María López Ferro, Presidente da asociación Hume de Estudos Históricos, que esbozou os datos biográficos de Don Enrique, cariñosamente coñecido polo Cura dos Chaos, así como a súa figura humana, salientando que “non era soamente o crego, era un veciño máis, un amigo. E isto era así porque a súa forma ou xeito de ser era especial: humilde, sinxelo, cheo de humanidade, servicial, de bo carácter, desinteresado, meticuloso no traballo, preocupado polos demais, sempre disposto a axudar”. Ferro tamén fixo referencia á súa obra, destacando o libro “Historia de Puentes de García Rodríguez”, publicado en 1976, dicindo que “durante os 36 anos que van da súa publicación foi a biblia da nosa historia, pois xeracións de estudantes consultárono ao longo deste tempo ao ser o único referente do noso pasado”. Unha publicación que, segundo Ferro, “ten unha gran importancia principalmente, nun feito moi salientable, o de ternos dado identidade, identidade como pobo, ese é o seu mérito”.
Ferro rematou a súa intervención para, no nome de Hume, solicitar ó concello que a biblioteca municipal leve o nome de Don Enrique, ademais de “…sen facer menosprezo ao autor, eu tamén atreveríame a pedir unha estatua máis realista que a que aquí temos para que a xente se lembre ou saiba de cómo era realmente. Quedaría ben na praza da Vila, lugar que si lle gustaba, polo que tiña de histórico. Solicitamos ao Sr. Alcalde un xesto neste sentido. Tamén que aquí temos un fillo predilecto de As Pontes de García Rodríguez, ninguén máis ca el o merece”.
don_enrique-001.jpg


Finalmente o alcalde pontés, Valentín González Formoso, dirixiu unhas palabras ós cerca dun cento de persoas presentes neste sinxelo e emotivo acto na memoria de Don Enrique. Fixo unha breve descrición do labor realizado por Don Enrique ó longo da súa vida, rematando coa promesa de cumprir as solicitudes feitas polo membro de Hume, ademais de publicar de novo en facsímile o libro da historia das Pontes realizado por Don Enrique en 1976, para que os veciños coñezan un pouco máis a historia do seu pobo.
Ó final, un familiar depositou un ramo de flores na estatua que lembra a Don Enrique na rúa Presa de Alende e a banda de gaitas Alfaia interpretou o himno do antigo Reino de Galicia.
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
don_enrique-001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios