TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: RIBEIRA F.S. – O ESTEO F.S. (1-5)

266

Importante vitoria do Esteo na sempre difícil pista de Meira ante o Ribeira de Piquín por 1-5, nun partido que estivo moi igualado, sobre todo na primeira parte. O primeiro gol chegaría ós seis minutos despois dunha boa xogada de Pellón e Gerardo, que culminaría este último cun forte disparo que entrou polo escuadro da portería local. Dous minutos despois empataría o Ribeira e nada máis sacar de centro de novo se poñen por diante os ponteses nun ataque que finalizou Rubi, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que o cadro local tivo dúas claras ocasións para marcar. Na segunda parte a tónica do xogo foi a mesma, moita igualdade cun Esteo que se defendeu ben e non deixando crear perigo ó Ribeira. A falta de seis minutos os locais sacan porteiro-xogador co fin de darlle a volta ó marcador, pero o Esteo defendíase ben e nun contragolpe Fran marca o 1-3, que practicamente sentenciaba o partido, pero aínda lograron dous goles máis por mediación de Rubi e Gerardo. Trala disputa da terceira xornada, o Esteo é líder en solitario con nove puntos. Na vindeira xornada recibe a visita do filial do Burela.
Esteo-Ribeira.png


FICHA DO PARTIDO
RIBEIRA FS: Dani, Solla, Miguilla, Donino, Quique –cinco inicial- Dani R., César, Kini, Isma, Sebas e Ángel.
O ESTEO FS: Choto, Pelu, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Pellón, Bolly, Gerveno e Diego Pellón.
ÁRBITROS: Castro Bermúdez e Saa Mateo (Lugo). Amoestaron a Miguilla, Danir R., Sebas, Ángel, Fran e Rubi.
GOLES: Min. 6 (0-1), Gerardo. Min. 8 (1-1), Sebas. Min. 9 (1-2), Rubi. Min. 36 (1-3), Fran. Min. 37 (1-4), Rubi. Min. 40 (1-5), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da terceira xornada de liga da Terceira División disputado no polideportivo de Meira ante medio cento de espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios