Comeza a tempada de sala cunha contundente victoria de Miguel Alvariño no Trofeo San Froilán

17

O clube Arco Muralla organizou outro ano máis, no concello de Lugo, o Trofeo San Froilán de tiro con arco en sala. Foi este domingo 30 de setembro na cidade da muralla. É a primeira competición da nova tempada de sala que se celebra en Galicia e por parte do Clube Sílex asistiron varios compoñentes.
Daniel Castro en categoría cadete foi un deles, acompañado pola súa irmá Cristina Castro, que sendo infantil participou na categoría cadete ao non estar convocada a categoría á que pertence.
Seguindo as normas do torneo rapaces e rapazas de categoría cadete tiraron nun mesmo grupo polo primeiro posto. Daniel, despois de rematar a primeira ronda de 5º con 219 puntos, foi quen de remontar na segunda ronda ata a segunda praza final ao sumar 252 puntos máis. Cristina pola súa parte mantivo un máis que aceptable nivel nesta categoría superior á súa rematanto na 8ª praza.
Cabe destacar a participación de Miguel Alvariño, que con 284puntos na primeira ronda e 291 na segunda, sobre un máximo de 300 en cada unha, fíxose co primeiro posto na categoría sénior homes.
Este xuvenil é un dos 16 convocados pola Federación Española para desputar os dous primeiros clasificatorios do equipo nacional absoluto para o 2013. Ditos clasificatorios levaranse a cabo en Madrid entre os días 12 e 14 e do 26 ao 28 de outubro para decidir os 6 arqueiros que pelexarán, en futuros clasificatorios, polas prazas definitivas do equipo nacional para 2013.
silex.jpg


Nova cortesía do Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios