SEGUNDA AUTONÓMICA: CD AS PONTES 5 SD BARALLOBRE 1

800

Contundente triunfo do segundo equipo pontés ante o cadro de Fene, o que o aúpa ó liderato momentáneo da Liga á espera do que fagan os seus rivais na xornada de tarde deste domingo.
Vitoria clara dos de Iván Rodríguez, e puideron ser máis goles a tenor das moitas ocasións que tiveron.
No primeiro tempo o conxunto azul marchou con dous goles de vantaxe merced a un penalti transformado por Moya, e un remate de cabeza de Guille.
No segundo período, os goles de Borja, de tiro cruzado (58´), Narciso tras aproveitar un balón morto dentro da área (80´) e Vicente de forte disparo (87´), redondearon o marcador, maquillado por Julián co tanto da honra no 75´ cun lanzamento de falta ben colocado.
Non obstante o cadro de Iván Rodríguez tivo ata sete ocasións máis ou menos claras de ampliar o marcador nos pes de Guille (3), Borja (2) e Vicente (2), pero unhas veces o porteiro e outras a falta de acerto fixeron que o marcador quedase no definitivo 5-1.
Precisamente ante o cadro que o precede na clasificación se vai a enfrontar o As Pontes a vindeira semana, un Rápido de Neda que iniciou con empate ante o Mugardos B (3-3), goleou ó Cabanas (4-0), e hoxe desprazase a Ares a xogar o seu terceiro encontro.
Xogaron David, Hugo Filgueiras (Borja 45´), Palas, Totti (Fran 63´), Carlos, Moya (Criado 63´), Guille, Fernando, Vilasuso, Vicente e Marcos (Narci 63´).
segunda_0001.jpg


segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
segunda_0001.jpg
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios