A Liga Galega de Equipos celébrase esta ano nas Pontes

37

Convocouse un ano máis, por parte da Federación Galega a Liga Galega de Equipos de Clube. Neste 2012 o Clube Sílex fíxose cargo da súa organización colaborando coa FGTA. O lugar onde se celebrarán os encontros será no pavillón municipal da Fraga.
As dúas primeiras xornadas serán de fase clasificatoria, mentras que na terceira e definitiva levaranse a cabo as fináis para desputar o título. O sábado 13 de outubro ás 17:00 comezará este novo
campionato que retomará a primeira fase o domingo 4 de novembro ás 10:30. As fináis quedaron dispostas para o sábado 17 de novembro ás 17:00 horas. O acceso ao pavillón é gratuíto e quen pase por alí poderá desfrutar dunhas das competicións máis vistosas e dinámicas das que se desputan en tiro con arco en sala.
En canto aos equipos participantes este ano son menos os que formarán na pista o primeiro día.
Doce equipos na modalidade de arco recurvo, repartidos en dous grupos de seis, que faran enfrentamentos directos entre eles para ir conformando as táboas da fase clasificatoria. O Sílex presenta un equipo co que loitará por un posto no podio, formado por Miguel Alvariño, Carlos Romero, Javier Vázquez, Pablo López, Daniel Castro e Cristina Castro. Amáis preséntanse equipos dos seguintes clubes: Arco Ferrol, Arco Muralla, Arco Narón, Arqueiros da Chaira, Arqueros de Cambre, Arc-Teixo, Clube Universitario da Coruña, e Lucus Augusti.
Na división de arco tradicional, que en edicións pasadas si deputaron a Liga Galega, nesta ocasión non poderán facelo. É debido a que non se chegou ao número mínimo de equipos participantes nesta división para que este campionato se celebre.


Normativa que regula a Liga Galega de Equipos
Convocatoria do campionato
Listado de equipos inscritos na liga 2012
Nova cortesía do Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios