Goente celebra hoxe a IV Feira do Queixo e do Mel do Eume

68

[Diario de Ferrol] A IV Feira do Queixo e do Mel do Eume celébrase hoxe durante todo o día na parroquia pontesa de Goente, onde ademais se situá a Casa do Mel. As actividades comezarán coa apertura das exposicións, ás once da mañá. Hainas de maquinaria agrícola e forestal, de artesanía, de motos históricas e de cardado e fiado. Tamén se poden ver os pratos finalistas do concurso de receitas que se celebrou onte. Ademais, abrirán unha vintena de postos de venda de produtos, co mel e o queixo, por suposto, como estrelas.
FEIRA-DO-QUEIXO-E-MEL.jpg


O pregón está previsto para as doce do mediodía, a cargo do alcalde da Capela, Manuel Meizoso. Á hora do xantar servirase churrasco, freixós, requeixo e mel, ademais de bebidas (a ración ten un prezo de 15 euros) e pola tarde poderanse degustar queixo, mel, requeixo e freixós (por tres euros).
O programa da tarde conta con xogos tradicionais para tódalas idades, con teatro e degustacións, coa entrega de premios dos concursos de receitas e cata de meles e coa actuación do grupo musical Fusión.
Os nenos terán propostas especiais para eles durante todo o día, que inclúen xogos tradicionais e tamén obradoiros de cera e de barro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios