TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 CCD CERCEDA 1

53

Sufridísimos e importantes tres puntos para un As Pontes que xa suma 13 puntos en 8 xornadas.
Tras un inicio con algunhas internadas por ambos equipos, especialmente nos pés de Herber e de Iván González, con pouco perigo, no 28´ Cañi cede a Dani, que sin pensalo dúas veces dende fora da área lanza un zapatazo que sorprende a Cristofer algo adiantado e colaselle por alto.
Antes de chegar ó descanso, paradón de Kiko a tiro rápido de Kike Cubas que se anticipa a Chote (32´), e unha falta de Bossa con perigo (40´).
No comezo do segundo tempo o As Pontes foi un vendaval que desarbolou ós coruñeses, rápidas e enlazadas contras que pillaban unha e outra vez á boa defensa visitante, paradón a bocaxarro de Cristofer a tiro de Cañi (48´), tiro frouxo de Dani ó contragolpe (52´), Arias e para Cristofer (58´). Entremedias unha ocasión dos visitantes, primeiro Cubas e logo Anxo, non atinan dentro da área (63´). Parou ben Kiko no encontro e a defensa estivo a bo nivel, especialmente Pablo López, anticipandose con maestría e incluso incorporandose ó ataque.
aspontes-cerceda_001.jpg


Dunha gran xogada de Cañi para Arias saiu o 2-0 tras un trallazo dentro da área do dianteiro de Portomarín que pasou por riba do espigado arqueiro visitante (65´).
Puido sentenciar o As Pontes, e así, paradon do gardameta a tiro de falta de Cañi (68´), gran parede entre Amado e Cañi e este último tira cruzado (73´), Arias para Cañizares, este queda solo, pero anticipase Cristofer que salva in extremis (77´).
Pero como manda a tradición, non hai triunfo local que non se consiga con sufrimento, e nos últimos 10 minutos, o Cerceda foi a por todas, o As Pontes baixou fisicamente, e avisou Herber ó que respondeu Kiko con unha gran parada (81´). Non puido facer nada o gardamallas vivariense a un sensacional lanzamento de falta do recén saído Hugo García que colocaba el 2-1 en el 82´ cun bonito tanto que recordaba ós do gran Nando nas tardes de gloria do Poboado de hai uns 25 anos.
Houbo que sufrir e moito, pero grandes paradas de Kiko a tiros de Hugo (85´), e Remeseiro (88´), e sobre todo un balón que se pasea no 91´ sen que ningún dos tres xogadores visitantes que merodeaban a área acerte a rematar, mantiveron a ventaxa local.
Chegados os 97´minutos o árbitro pitou o final e os azuis celebraron os tres puntos xa pensando na compricadísima visita a semana que ven ó campo do Racing Vilalbés. Situanse séptimos con 13 puntos pero nestas alturas un partido gañado ou perdido fai subir ou baixar moitos postos segundo as circunstancias. O Compostela goleou 8-3 ó gran Alondras, e o próximo rival, o Vilalbés perdeu 4-1 en Ordes, asi que aquí ninguén regala nada e haberá que loitar cada partido pra lograr o obxectivo primordial, a permanencia.
2 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Pablo López, Dani (Esmorís 74´), Iván (Amado 62´), Bossa, Sergio Arias (Eloy 89´), Cañizares, Pablo Domínguez.
1 CCD CERCEDA. Cristofer, Noe, David Rey, Anxo (Hugo García 72´), Julio Bayo (Gonzalo 46´), Xaco (Pablo Antas 61´), Kike Cubas, Marcos Remeseiro, Herber, Alex Canedo, Rodri.
Árbitro: Álvaro Formoso Doval (Ourense). Auxiliado nas bandas por Rodicio González e Fernández Rodríguez. Amonestou a Lemos, David Rey e Cañizares. Descontou ata o minuto 97´.
Goles: 1-0, Dani (28´), 2-0, Sergio Arias (65´), 2-1 Hugo García (82´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 200 espectadores. Partido correspondente á 8ª xornada. Retirouse lesionado no hombreiro Eloy, que acababa de saír.
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios