TERCEIRA DIVISIÓN: RACING CLUB VILALBÉS 2 CD AS PONTES 0

31

Victoria merecida por 2-0 do Racing Vilalbés no encontro adiantado á tarde de hoxe correspondente á novena xornada na terra do capón.
Cando apenas se levaba media minuto chegou a xogada que botou por terra todo o prantexamento de Manolo García durante toda a semana, pase da morte e o gran Mauro Poratti que chega so dende atrás so ten que empurrar o balón pra marcar nunha xogada que pillou despistado ó equipo azul nun erro imperdoable nesta categoría que recorda a tempos pasados.
vilalbes_aspontes-0001.jpg
A remolque dende o primeiro minuto o As Pontes buscou o empate e a pesar de chegar con perigo a través de Cañi, Arias ou Pablo Domínguez, non conseguía crear ocasións claras, e si volvían a asustar os locais tras un balón perdido no medio campo, un defensa esvara, e Nico en boca de gol non atina a mandar o balón ó fondo das redes (26´).
Altrenancia ata o descanso e no comezo do segundo tempo seguiu o As Pontes intentando ir a polo empate, trenzaban Bossa e Cañi, e puido haber penalti sobre Sergio Arias no 49´, o colexiado non o viu asi, e acto seguido puido chegar a sentenza dos lucenses, nunha indecisión de Chote, quedan sos Félix e Nico pero por sorte o balón acabou fora (50´).
Probablemente a mellor ocasión do As Pontes, Sergio Arias cede a Cañizares, e o tiro deste en posición inmellorable é desviado a córner por Jose Ángel (59´).
vilalbes_aspontes-0002.jpg
Tres minutos máis tarde chegou o segundo dos lucenses, o loitador Nano non atina a botar fora un balón, aproveitase Félix que regatea a dous defensas, prantase ante Kiko, moi ben estivo o gardamallas vivariense, que rexeitou en primeira instancia, pero o balón vai a Nico que non falla, a pesar da oposición do maxistral Pablo López, e sitúa o 2-0.
Semellaba a sentencia non porque non quedase tempo pero si porque os lucenses amosaron sobre todo no segundo tempo ser un equipo sen un fútbol brillante, moi conservador, pero con rápidos contragolpes, e un gran nivel defensivo, sen fallos, que é o que conta, xa que as poucas ocasións dos azuis tiñan que ser moi elaboradas.
vilalbes_aspontes-0003.jpg
O As Pontes non se deu por vencido, foi voluntarioso durante os 90 minutos, pero atopouse con medio partido perdido case antes de empezar a rodar o balón, as ocasións máis claras, unha de Amado dentro da área (82´) e un tiro cruzado de Dieguito (92´).
Polos locais destacar un centro chut de Vicente que se foi por pouco (83´), e Kiko que salvou dúas ocasións na contra, ante Félix, un paradón (79´), é un despexe in extremis cando o dianteiro quedaba so (86´).
Semana para corrixir erros, pensar que se levan 13 puntos, quedan 32 por conseguir, o vindeiro domingo visita o Poboado o Negreira, ten que haber unha gran entrada e hai que ir a polos tres puntos desde o principio ante un rival dificilísimo pra alonxar as catro últimas prazas o máis posible.
vilalbes_aspontes-0004.jpg


2 RACING C. VILALBÉS. Jose Ángel, López, Álex, Kiko, Borja, Make, Pablo Vivero, Mauro Poratti, Nico (Dani 75´), Justino (Vicente 81´), Félix (Simón 88´).
0 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Pablo López, Dani (David Amado 64´), Iván González (Dieguito 60´), Bossa, Sergio Arias, Cañizares, Pablo Domínguez
Árbitro: Francisco Javier Rodríguez Campos (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Cousillas Collazos e Soto Eiroa. Amosou cartón amarelo a Rochela, Pablo López, Dani e Kiko.
Goles: 1-0, Poratti (1´), 2-0, Nico (61´).
Campo e Incidencias. Campo de A Magadalena. Uns 200 espectadores, moitos ponteses, en tarde fría e soleada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios