SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 1 SAN MATEO CF 2

70

Derrota do segundo equipo do As Pontes ante o San Mateo por 1 a 2 no encontro desputado hoxe á tarde no campo Anexo Jose.
O peor do encontro foi a lesión de Guille, un dos reforzos de Manolo García. Destacar dous grandes no equipo vermello, os ex xogadores do As Pontes, o medio Diego Charlón e o gran central Diego Piñeiro, á espera dalgunha boa oferta no mercado invernal que seguramente chegará, que por outra parte este último non lle viría nada mal ó equipo azul que anda moi escaso de efectivos.
Os visitantes adiantabanse a pouco de comezar tras aproveitar un erro defensivo Iago.
Preto do minuto 70 empataba Marcos Novo, e case no desconto tras unha falta moi ben botada por Piñeiro cabecea Charlón ó fondo das mallas, anque varios xogadores do equipo visitante poderían estar en fora de xogo, anque non o viu así o colexiado.
O partido foi un correcalles no desconto, e tras un mal pase de Juan, a piques estivo de marcar Pacheco coa portería desguarnecida. Na última xogada tras un saque de falta lateral, en boca de gol, Borja cabecea fora e ahí acabou o partido.
O As Pontes marcha noveno con sete puntos e a vindeira semana visita ó complicado Ánimas.
segundo_001.jpg


Xogaron polo As Pontes, Juan, Hugo Filgueiras, Cristian, Totti, Fernando (Beto 86´), Moyá (Criado 61´), Guille (Palas 72´), Adrián Vilasuso (Borja 55´), Vicente, Púas, Marcos Novo.
Polos visitantes David, Miguel (Alfonso 50´), Jorge (Juli 79´), Piñeiro, Jorge, Rubén, Iago, Charlón, Bruno (Pacheco 65´), Adrián (Jose 75´), Rubén (Nené 63´).
Arbitrou o colexiado Francisco Pita que amonestou a Cristian, Borja e Charlón.
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
segundo_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios