LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13

40

Na terceira xornada de liga de fútbol-7 de veteranos hai que sinalar a primeira vitoria de As Pontes 74 sobre MMYPEM (2-5) e o triunfo de La Galaxia, equipo que está a ser sorpresa do campionato, diante do vixente campión de liga e copa, Mobles Eume, por un axustado 2-1. No outro encontro, A Cepa non tivo problemas para impoñerse ó pechacancelas Maren por un contundente cinco a cero. Foi aprazado o partido entre Xuntanza e Santaballés.
É novo líder A Cepa (+6) con seis puntos, os mesmos que teñen Mobles Eume (+4) e La Galaxia (+2). A continuación están Farmavida, Xuntanza, Santaballés e As Pontes 74, con tres puntos cada un e pechan a clasificación cun só punto MMYPEM e Maren.
En canto ó trofeo “Pichichi” ó máximo goleador do campionato, figura en primeira posición Marco Roca (As Pontes 74), con 6 goles; seguido de Oscarín (La Galaxia), Ramón e Fernández (A Cepa), con tres goles cada un.

RESULTADOS 3ª XORNADA 20/21 – Outubro – 2012
Xuntanza – Santaballés (Aprazado)
MMYPEM – As Pontes 74 (2-5)
Cabanela e Alberto / Marco Roca 3, Rober e Óscar
La Galaxia – M. Eume (2-1)
Oscarín e Barcón / Paco
A Cepa – Maren (5-0)
Fernández 3, Vili e Ramón
Descansou: Farmavida

veteranos_001.jpg


4ª XORNADA
27/28 – Outubro – 2012
Farmavida – Xuntanza (Sáb. 27, 20,00))
Santaballés – MMYPEM (Dom. 28, 10,00)
As Pontes 74 – La Galaxia (Dom. 28, 11,00)
M. Eume – A Cepa (Dom. 28, 12,00)
Descansa: Maren
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios