Miguel Alvariño pelexará por un posto no equipo español de tiro con arco

90

Rematou o clasificatorio previo do equipo nacional de tiro con arco, e cun moi bo resultado para o arqueiro pontés Miquel Alvariño. A pasada fin de semana do 12 de outubro tiveron lugar as primeiras probas das que constaba este clasificatorio, alí o do Sílex remataba nun bo 5º posto. Dende este venres, día 26 de outubro, ata hoxe celebráronse as definitivas para decidir os seis arqueiros que disputarán os tres postos do equipo nacional español para o ano 2013.
Tras unha xornada do venres pouco acertada, Miguel soubo repoñerse e dar o nivel necesario nas eliminatorias todos contra todos. Con todo isto colocábase cuarto nesta fin de semana. A clasificación final elaborouse coa suma de puntos de tódalas xornadas, algo que deixou ao arqueiro do Sílex na cuarta plaza final.
Entrou entre os seis mellores da proba, e así terá unha praza para loitar nos dous clasificatorios definitivos. Os cales realizaranse durante unha semana no Centro de Alto Rendemento de Madrid con datas aínda por determinar nos primeiros meses do vindeiro ano, e determinarán finalmente a composición dos Equipos Nacionáis “A” e “B”. Os outros arqueiros que pasaron o corte foron: Antonio Fernández, Elías Cuesta, Juan Ignacio Rodríguez, Arturo García e Javier González. Haberá que agardar a que se convoque o clasificatorio definitivo, e mentras seguir adestrando para manter o nivel e se se pode subilo o suficiente como para tirar en igualdade de condicións cos primeiros da clasificación.
miguel.jpg


Nova cortesía Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios