TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: LEIS PONTEVEDRA – O ESTEO F.S. (2-7)

52

Importante vitoria do Esteo na difícil pista do Leis Pontevedra, un histórico vido a menos, chegou a militar na División de Honra, pero que,sen dúbida algunha, será un dos candidatos ó título de liga. O resultado final de 2-7 reflicte o que sucedeu no pavillón pontevedrés, dominio total dos ponteses, que estiveron moi ben defensa e nesta ocasión aproveitaron as ocasións para marcar índose ó descanso con vantaxe de dous goles de Bolly e Rubi. Na segunda parte continuou o dominio visitante, aínda que os locais chegaron a poñerse cun 2-3 aproveitándose dos peores momentos do Esteo. Sen embargo, a rápida reacción permitiu que os ponteses lograsen nos derradeiros seis minutos catro goles máis ata o 2-7 co que rematou o partido. O Esteo segue de líder con catro puntos máis có segundo clasificado. Na vindeira xornada recibe na casa a outro conxunto pontevedrés o CD Cafyd.
leis_esteo.jpg


FICHA DO PARTIDO
LEIS PONTEVEDRA: Jorge, Eloy, Sergio, Raúl, Pana –cinco inicial- Martín, Miguel e Alfonso.
O ESTEO FS: Choto, Gerveno, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Pellón, Bolly, Pelu e Diego.
ÁRBITROS: Docal Deza e Comesaña Goberna (Vigo).
GOLES: Min. 15 (0-1), Bolly. Min. 19 (0-2), Rubi. Min. 28 (0-3), Rubi. Min. 31 (1-3), Alfonso. Min. 33 (2-3), Alfonso. Min. 34 (2-4), Gerardo. Min. 37 (2-5), Bolly. Min. 39 (2-6), Rubi. Min. 40 (2-7), Rubi.
INCIDENCIAS: Partido da sétima xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal de Pontevedra ante uns cen espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios