SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA GALEGA: C.D. AS PONTES – ATLÉTICO MELIDE (6-0)

87

Vitoria por seis goles a cero do As Pontes feminino ante o Atlético Melide, equipo que acudiu ó campo do Poboado con tan só nove xogadoras, polo que o resultado final resulta un tanto descafeinado debido á superioridade numérica das locais, as que sen facer un bo xogo dominaron o encontro de principio a fin, podendo marcar máis goles, pero, sen embargo, as pontesas non estiveron nada finas á hora de materializar as claras ocasións de que dispuxeron ó longo de todo o partido, -incluso tiveron un penalti a favor que rexeitou a porteira visitante a lanzamento de Paula- xa que as dianteiras do As Pontes en moitas oportunidades íanse cara a portería visitante facendo sempre o máis difícil, nun man a man estrelar unha e outra vez os balóns na meta que defendía Ana, unha das protagonistas do seu equipo xunto ó resto das súas compañeiras, que ó longo de todo partido amosaron pundonor e valentía para afrontar este choque nunha tarde de chuvia, vento e frío, sabedoras da súa inferioridade numérica desde o inicio do partido e incluso quedándose cunha xogadora menos a falta duns vinte minutos para o final, debido á lesión de Adriana, unha das máis destacadas do partido. Salientar, por outra banda, os dous goles da porteira pontesa Leti, que na segunda parte xogou na banda esquerda do ataque do As Pontes. O conxunto pontés continúa na zona alta da clasificación e o vindeiro domingo xoga en Bembibre diante do Dubra.
feminino_001.jpg


FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Leti, Mireia, Silvia (Noelia Ameneiro), Jani (Nuria), Andrea, Noelia (Carla), Lía, Carmela (Sara), Paula, Carlota (Vicky) e Alba.
ATLÉTICO MELIDE: Ana, Natalia, Ángeles, Cris, María López, Tamara, Adriana, María Abelairas e Dulce.
ÁRBITRO: Brais Ferreiro, de Ferrol. Sen complicacións.
GOLES: Min. 11 (1-0), Jani. Min. 25 (2-0), Jani. Min. 30 (3-0), Lía. Min. 72 (4-0), Vicky. Min. 74 (5-0), Leti. Min. 86 (6-0), Leti.
INCIDENCIAS: Partido da novena xornada de liga da Segunda División galega feminina disputado no campo José do Poboado ante medio cento de espectadores en tarde invernal con moita chuvia, vento e frío.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios