GABRIEL TEMBRÁS CAMPIÓN DE ESPAÑA

106

Gabriel Tembrás ven de proclamarse campión de España na modalidade de técnica de taekwondo na competición celebrada hai uns días na localidade levantina de Gandía. Este mozo pontés, de tan só 11 anos, xa se proclamara días antes campión galego e ostenta o cinto marrón desta especialidade deportiva.
Logo destes títulos galego e español, o deportista pontés tamén acadou as medallas de ouro nas modalidades de técnica e combate no Open Internacional celebrado a semana pasada en Pontevedra e no que participaron preto de mil deportistas.
tembras_1.jpg


tembras_2.jpg
tembras_3.jpg
tembras_4.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios