SEGUNDA FEMININA: CD AS PONTES 4 SD TORDOIA 0

48

Séptima victoria do equipo feminino de Salido, por so tres derrotas. Remata a primeira volta o equipo azul en cuarta posición con 21 puntos por detrás de Monte Forte (28), Dubra (25), Pastoriza (24). Por detrás estarían A Rúa (18), Tordoia (13), Conxo (10), Melide (8), Orzán B (7), Sar (3) e A Baña (3).
Comezaban o encontro ben as azuis que se adiantaron por medio de Lau (5´), que se aproveitou dun rexeite dentro da área. No 27´ Lía de cabeza tras un córner poñía o 2-0 no marcador.
No segundo tempo as visitantes saíron cunha xogadora menos por lesión da súa número sete. Aproveitou o As Pontes para incrementar o marcador, no 50´ tras unha indecisón entre Marta e Leti Castro, esta última introduce o balón na súa propia portería. No 63´chegaba o 4-0 definitivo, tira Paulita en primeira instancia, rexeita a gardamallas e aproveita Vicky que sempre sae de revulsivo coa caña preparada na segunda metade pra mandar ó fondo das mallas.
Outras boa oportunidade no segundo tempo foi un córner de Noelia que foi ó longueiro, a xogada continúa e o tiro de Carlota desviao a porteira á cruceta (50´).
Fixo 4 ou 5 moi boas intervencións a gardamallas visitante que evitaron un resultado maior.
feminino_0001.jpg


O As Pontes descansa a semana que vén, e dentro de dúas semanas xoga na Rúa.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
4 CD AS PONTES. Leti, Mireia, Silvia, Jani (Carla 44´), Andrea, Noelia, Lía (Patri Rochela 75´), Lau (Vicky 55´), Alba R (Paulita 45´), Carlota, Patri Dopico (Noelia Ameneiro 60´).
0 SD TORDOIA. Marta, Ana, Cristel, Irene, Leti Castro, Laura, Leti Santos, Diana, Lucía, Sele, Mónica.
Goles: 1-0, Lau (5´), 2-0, Lía (27´). 3-0, propia meta (50´), 4-0, Vicky (63´).
Árbitro: Jose Priegue Leis (Ferrol)
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose, máis de medio cento de espectadores. Antes de rematar a primeira metade retirouse lesionada Jani, semella que non é de gravidade.
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios