TERCEIRA CONVOCATORIA DE ENRIQUE FORNOS COA SELECCIÓN GALEGA SUB16

131

O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez foi convocado pra o amistoso de preparación que terá lugar este mércores ás 16:30 nas instalacións de A Madroa, en Vigo.
O combinado cadete sub16 xogará contra o Celta Xuvenil de División de Honra, líder destacado da máxima categoría do fútbol xuvenil español con tres puntos de ventaxa sobre o Deportivo da Coruña e oito sobre o Pabellón de Ourense.
Mentres o combinado xuvenil sub18 xogará á mesma hora contra o Celta B de Terceira División, que marcha segundo clasificado, un punto por arriba do As Pontes.
Pra este encontro o adestrador Anxo Doval, convocou a vinte xogadores, dos que se supón, sairán os 18 que representen a Galicia no Campionato de España.


Outros dous xogadores da comarca convocados, Pablo Ramos (sub18) e Alberto Leira (sub16).
A convocatoria completa é a seguinte:
R.C. Celta de Vigo: Iván Villar, Pablo Rey, Hugo Pintos, Francisco Monroy, Rubén García.
R.C. Deportivo da Coruña: Enrique Fornos, Aarón Sánchez, Alberto Leira, Jose Fandilño.
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Diego Gabriel Pérez.
CD Lugo: Edgar Redondo
Pontevedra CF: Jose Filgueira
CD Conxo: Brais Ageitos
Montañeros BG: Pape Diop
Orillamar SD: Asier Santalla
CD Areosa: Martín Fuentes
Arousa SC: Jorge Fontán
Bergantiños CF: Iván Baña
CD Lérez: Carlos Beis
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios