ENTREVISTA A SIMÓN GONZÁLEZ SALGADO, TRECE VECES CAMPIÓN DO MUNDO. POR XÓSE FERREIRO

773

Simón González Salgado naceu en San Cibrao das Viñas (Ourense) en 1964, e dende hai xa moitos anos vive na maravillosa cidade viguesa, na que ten o Ximnasio Simón, dende hai uns 20 anos, sito na Rúa Urzaiz 92, no que, entre outras cousas, da clases de Boxeo, Kick Boxing e Full Contact. Foi nin máis nin menos que 13 veces CAMPIÓN MUNDIAL de Kick Boxing, na modalidade de Full Contact. Comezou a practicar este deporte despois de ver competir polo título europeo ó que despois sería o seu mestre, Carlos Conde, e chamarlle a atención este deporte. Tras conseguir ser campión galego e español amateur, foi segundo no Campionato de Europa Amateur en Francia, en 1984, perdendo na final contra o grego Theodoro Poulos, pero resarciuse ó ano seguinte, en Alicante, onde conseguiu o título europeo amateur, tras vencer ó francés Eri Vettiol. De ahí deu o salto ó profesionalismo, e pese a que a súa carreira se viu interrompida algúns anos pola súa profesión de soldador, conseguiu gañar dous Campionatos de España e trece Mundiais (10 da Asociación WAKO e 3 da ISKA), ademáis do Mundial da WKF en 1998 tras vencer ó belga Raymund Bondgali, logrando 33 victorias como profesional, 22 por K.O, con apenas unha derrota.
Desde a nosa modestia presentousenos a oportunidade única de poder entrevistar a este mito do deporte galego e español, e non a quixemos desaproveitar. Mantivemos unha conversa con Simón, unha charla moi amena, con multitude de anécdotas e moitos momentos de risas, e estas son as súas impresións sobre a súa traxectoria deportiva:
simon_001.jpg


Ola Simón, moitas gracias por concederme estes minutos, tan ocupado como estás, eu son algo alto, pero con tanto cinturón por aquí síntome Pulgarcito (risas), pero alá imos. ¿Como, cando e porque te iniciaches neste mundiño? Teño entendido que foi en 1980 por un combate polo título europeo do que despois foi o teu mestre, Carlos Conde, ¿non?.
Gracias a ti. Pois si, recordo que Carlos fixera un combate contra un francés, polo Campionato de Europa, estiveno vendo e gustoume, e un primo meu que vivía cerca del animoume a probar con este deporte, eu a Carlos non o coñecía moito, pero entrei alí e foronme vendo as condicións e as cualidades que tiña, e animaronme a participar en competición, eu ó principio negueime porque non me apetecía, pero despois empezaronme a animar todos, e funme enganchando, e ata hoxe, nunca contaba con chegar ata onde cheguei.
¿E cando te iniciaches neste mundiño fixechelo en Kick Boxing, en Full Contact, ou practicabas algún deporte de combate máis?
Non, eu inicieime directamente no Full Contact, que se diferencia do Kick Boxing en que un é patada de cintura para arriba, e o outro é patada nas pernas e na cintura, e os meus trece Mundiais foron conseguidos na modalidade de Full Contact.
simon_001.jpg
¿Cando te diches conta de que tiñas nivel suficiente para pasar de amateur a profesional?, ou ¿houbo alguén que te aconsellara nese sentido, por exemplo, o teu adestrador, ou algunha posible oferta?, ¿como foi ese paso a profesional?.
Pois resulta que eu fun ó Campionato de España a Madrid e gañeino en dúas categorías, que realmente non era digamos un título oficial, senón oficioso, fun en 75 kilos, e resulta que os teóricos rivais tiñan bastante nivel e pasaronse todos a un peso superior, entón ese peso quedaba vacante, entón eu ó quedar vacante entrei nese peso e pelexei dous combates, nada máis que había semifinais e final, e quedei campión, e o meu adestrador animoume a entrar no mundo profesional.
¿Carlos foi o teu adestrador toda a vida ou nalgún momento tiveches outro?
Sempre foi Carlos Conde, e aínda que despois vinme para Vigo, e me entrenaba eu so aquí, sempre o chamaba a él para todos os eventos.
simon_001.jpg
¿E hai algunha ensinanza, algunha frase, algún lema, algunha experiencia del que che quedara marcada e que incluso a día de hoxe che sirve na túa vida diaria?
Carlos ensinoume cousas, pero a medida que ti vas avanzando, se ti es intelixente, vas aprendendo cousas e lle vas quitando partido as condicións que ti tes, tes que ir adaptando as túas condicións en función das necesidades dos combates, digamos, os maestros ensinanche unha base, como no colexio, pero a partir de ahí ti tes que ir desenvolvendote, física, psicolóxica e mentalmente, e traballar tamén as túas necesidades e exixencias corporais, porque hai xente que pode adestrar todos os días e outras persoas que necesitan máis descanso, ti tes que adaptarte ó corpo que tes.
¿Tiñas algún ídolo, referente, alguén a quen admirases, aparte de Carlos? ¿E hoxe en día?
Nunca fun partidario de ídolos, si, a veces ves hai alguén que é moi especial, hai xente neste deporte que fai as cousas ben e admiroos por elo, pero en concreto non teño, porque hai algúns que se volven tolos ó ver ós seus ídolos (risas), pero eu para nada. Si que me gusta, por exemplo, Fernando Alonso, e incluso unha vez foi facer uns adestramentos a Xerez, e funo ver, e estivemolo esperando, que iba no Renault, e incluso pensei en pedirlle un autógrafo e unha foto, pero a pesar de que o vimos non conseguimos alcanzalo. Simpatizo cos que o fan ben.
simon_001.jpg
E iso que ti ganaches 11 Mundiais máis que él (risas) ¿Cómo se che presentou a oportunidade de pelexar polo teu primeiro título mundial co francés Michael Jaquet?
Pois foi casi que unha casualidade, resulta que había unha persoa, Pablo Sánchez, de Madrid, que él era o actual Campión de Europa, e él non se presentou a un combate no peso semipesado, porque dicía que tiña unha lesión, e a min fixeranme unha oferta de pelexar con un alemán, en Marbella, alí competía polo Campionato do Mundo o gran Vicente Eguzquiza nunha velada que organizara Jesús Gil, en Puerto Banús, que estaban todos os famosos alí, Andrés Pajares, Dolph Lundgren … e como che digo a min ofreceronme ir, non ía moi preparado, pero tiven a sorte de que no quinto asalto tumbei ó alemán (risas) e subironme ós primeiros postos do ranking mundial. Logo máis adiante Pablo Sánchez perdeu con Michael Jacquet e deronme a min a opción de pelexar con él, e gañeille.
Me imaxino que é como estar na gloria, ¿pero que me podes destacar das sensacións que ten unha persoa no momento no que gaña un Mundial e cando lle poñen o cinturón?, ¿como son eses intres? anque gañaches tantas veces que me imaxino que xa te acostumbrarías ¿non? (risas)
Pois sintes que todo o sacrificio que fixeches deuche un gran resultado, toda a proxección e todo o traballo que levaches a cabo deu un resultado positivo, porque moitas veces sacrificaste e saeche todo mal, entón si sae ben é unha satisfacción. E tamén te acordas da afección, que sempre te apoia. Nosoutros comezamos con 700-800 persoas ó principio e despois chegamos a meter a cinco mil e ata a seis mil persoas alí no Pavillón das Travesas, que nin o equipo de balonmán chegou a encher o pavillón.
simon_001.jpg
¿E cal foi o título mundial que máis ilusión che fixo dos trece ou algún outro título que conseguises?
O primeiro sempre é o primeiro, quedar Campión do Mundo por primeira vez é unha sensación incomparable. A segunda xa é un reto, de intentar defender o cinturón, e isto é unha cadea, o primeiro contra o francés Michael Jacquet, o segundo contra o italiano Stefano Tamiazzo, e recordo o cuarto contra un portugués, Paulo Nogueira, que era un competidor moi duro, moi forte, do cal eu tiña coñecemento, gañou combates a bos competidores, entón saiu oficialmente que eu tiña que pelexar con él para defender o cinturón, e foi en Portugal, e eu funme con unhas condicións económicas un pouco baixas, porque eu podía facelo aquí e xeneraba máis diñeiro, pero a televisión portuguesa, Sport TV, fixerame unha oferta moi boa, que me abría unha porta ós medios de comunicación, para un deporte que se estaba iniciando, e entón aceptei ir, sabía que ía ser un combate moi duro, pero non me agardaba tanta dureza como finalmente foi, durou os 12 asaltos, pegamonos moito, os dous acabamos moi mal, e eu estiven 2 ou 3 días na casa moi perxudicado. Foi un combate moi duro como che digo, antes o pelexador portugués era todo fortaleza, pero os de agora incluso teñen tamén técnica, Alberto Costas, Carlos Ramjanali … colleron técnica, e xa de por si son moi correosos, son latinos, e deixan a pel, o portugués cando sae ó ring deixa a pel, entón ti tamén tes que deixar a pel, pero ademáis con técnica, e despois, tamén me acordo, houbo un combate na antiga Yugoslavia, o meu noveno mundial, que iso foi como unha película de terror (risas), meteronme nun ring de catro metros, mandaban eles, facían o que querían, tivemos que competir nunhas condicións pésimas, dous ou tres guardaespaldas, os coches tintados, medios de comunicación por todas partes, había apostas por fora … bueno, unha presión incrible, eu a noite anterior non durmira, cheguei tres días antes e nada máis chegar xa me fixeron unha rolda de prensa con moitos medios de comunicación, impactoume, e eu pasei bastante medo, era en Decembro, e por momentos pensaba que non íamos cobrar e que tampouco íamos chegar a casa para comer o turrón (risas), pero gracias a deus saiu todo ben, o rival caeu varias veces, aguantou, levantabano, agarrabano, poñíano de pé, bueno, é algo que vives, toda unha experiencia, unha película.
(Risas) ¿Cal é o combate mundial no que consideras que mellor competiches, no que crees que rendiches a un gran nivel, no que en mellor estado de forma estabas?
Case todos, o que pasa é que nalgúns atopaste mellor, noutros peor, porque algúns rivais adaptanse mellor, outros peor, os franceses son moi técnicos, e ti gañaslles e acabas satisfeito, logo hai outros, algún portugués, algún italiano, pero sobre todo, algún balcánico, algún ruso, que che meten a cabeza, eu pelexei cun ruso, que me partiu 3 ou 4 veces a cella porque me metía a cabeza, eles son moi hábiles e aproveitan un mínimo contacto, un despiste do árbitro, e danche un cabezazo ó despiste, ou metenche os codos, e logo vas a esquina e ata o adestrador che pregunta porque sangras tanto pola cella, porque a xente desde fora non se da conta, son máis sucios, que eu non llo teño en conta, non lles culpo, sei que hai lugares, países do Este, que alí ata certo punto forma parte da súa cultura, desde pequenos, é a lei da supervivencia para eles e por iso algúns se comportan así, pero a gran maioría dos competidores son doutra maneira.
simon_001.jpg
¿Algún rival que che puxera as cousas moi difíciles? ¿O mundial máis complicado? Seguramente moi sufridos, entre outros, foron o marroquí Mustafá Lakhsen, que gañou oito Mundiais, e o ruso Anatoly Nossirev, que che fixera sangrar tanto, e dende fora, dende a TVG, si mo permites, metía medo, parecía un “oso siberiano” (risas).
O ruso foi o que me abriu as cellas, 3 ou 4 brechas coa cabeza, pero técnicamente era normaliño, metinlle unha patada na cabeza no primeiro asalto e caeu, o malo era iso, que me daba cabezazos, Mustafá Lakhsem si que era máis difícil, él en Marrocos é un ídolo, agora dirixe a selección marroquí, é primo do presidente, é un ídolo, incluso cando pelexei con él trouxo dúas televisións, Al Jazeera e a televisión marroquí, e tiña moito nivel, eu contaba perder. Eu no ano 2001 tiven unha lesión, nun cóbado, que se me inflamaba e non podía competir, e operoume Genaro Borrás, que en gloria estea, pero non podía pelexar cómodo, pero claro, ese ano, en 2002, había que facer a defensa, e pelexou Mustafá Lakhsen contra Goran Scekic, aspirantes oficiais os dous, e gañou o marroquí, polo que me tiven que enfrontar con él, e tiven a gran sorte de poder traer o combate aquí, porque si o combate chega a ser en Marrocos … (risas), eu unha vez fun a ver unha velada alí e aquelo era “impresionante” (risas). Él era un competidor con moito nome e moi, pero que moi bo, e eu naquel momento por desgracia morreume un irmán, que en paz descanse, de 42 anos, eu tiña 37, poucos días antes da celebración do combate, e ía a aprazar a velada porque psicolóxicamente non me atopaba ben, pero tiña todo organizado, os billetes de avión estaban vendidos, entón tiven que tirar cara adiante, e pelexei moi tosco, como se pode ver nas imaxes, porque non me apetecía nada, pero ó final, gracias a deus, saiu todo ben.
¿Competiches contra alguén, ou nos teus múltiples desprazamentos e eventos, compartiches vivencias con alguén, que logo chegara a ser moi coñecido?
Coincidín nun torneo en Bélxica con Jean Claude Van Damme, cando él aínda non era moi famoso, nun torneo no que pelexamos españois contra belgas, e él xa destacaba nas exhibicións que facía. E tamén coincidín con Dolph Lundgren, cinturón negro de Kárate, que, entre outras, fixo Soldado Universal e a película de Rocky.
simon_001.jpg
Simón, ¿como é un adestramento dun Campión do Mundo nas fechas previas a un combate no que pon en xogo o seu cinturón? Me refiro a horas, intensidade, comida e dieta pra entrar no peso mínimo, mentalidade, psicoloxía, estudio do rival …
Pois dos rivais non había moita información, pero xa empezaba a haber internet e algúns colgaban os seus vídeos, eu empecei a colgalos agora xa retirado, porque non quería facilitar información ningunha (risas). Con Mustafá Lakhsem tiven que facer uns entrenos especiais porque é un competidor rápido, que se escapa, e había que saír a cortarlle as saídas, tamén o fixen especial con Paulo Nogueira, pero no medio do combate tiven que cambiar a estratexia, porque non estaba dando resultado. Pero aparte das estratexias e do físico tamén é máis ben psicolóxico, unha competición si vas ben psicolóxicamente, o cansancio arrástralo, pero lévalo, porque a mente pode con cansancio, e ó contrario, igual non estás cansado pero si estás mal psicolóxicamente, non podes e veste abaixo, a psicoloxía é un 70%. E no tema da comida eu sempre comín ben, un pouco de todo, hai xente que ten que facer dieta, porque ten que baixar demasiado de peso, pero eu sempre o tiven moi claro, nunca cheguei a exprimirme desa maneira. Así a grosso modo poderíache dicir que igual para preparar un combate facía 3 horas de adestramento ó día, footing, estiramentos, exercicios, golpear ó saco, e logo comer hidratos de carbono, proteínas e pasta.
E nunha gran competición, nos minutos previos ó combate, estando no vestiario, o estadio abarrotado, a piques de entrar ó ring, o cinturón en xogo, ¿tiñas algún ritual, algunha superstición, algún amuleto?, ¿como te concentrabas? ¿Facías algo especial?
Eu moitas veces estando no vestiario, estaba quentando e cando faltaban poucos minutos quería que se foran porque quería concentrarme so e centrarme un pouquiño psicolóxicamente, pero aparte diso nada máis.
simon_001.jpg
Me imaxino que o fixeches por idade, porque xa non tiñas nada que demostrar á xente, e porque xa levabas moitos golpes no lombo (risas), pero cando te retiraches, ¿Porque o fixeches?, ¿costouche moito? ¿que é o que máis botas de menos?
Retirarme non me costou, e tampouco o boto de menos. Eu retireime porque xa estaba moi canso, ti tes que ter ilusión por algo, e xa me costaba adestrar e sacrificarme, xa non tes esa ilusión, esa fame, esa ambición, e tamén veñen rapaces novos con moitas gañas e moita ambición. Ademáis eu tiña que organizar as veladas, a promoción facíaa eu mesmo, e eu so me atopaba cómodo cando saía ó extranxeiro, porque mo daban todo feito, pero chamáronme so 4 veces para ir fóra, porque a medida que vas avanzando, os títulos van subindo unhas cantidades, e claro, ó ser 13 veces Campión do Mundo, as cantidades eran moi altas, e non che soían chamar. Logo tamén as institucións unhas veces apoiante, outras non, outras veces poñenche un montón de trabas, ós medios de comunicación as veces casi os tes que chamar ti a eles, e os políticos cando gañabas un mundial mandabanche unha carta e pouco máis. O que si que me gustaría haber feito é unha revancha co ruso, e tentar conseguir o meu decimocuarto mundial, pero eu prantexeime para retirarme, xa que me retiraba con 13 Mundiais ás costas, polo menos sacarlle algo de rendemento económico, sabía que o Pavillón das Travesas se enchería, porque despois de aquel combate anterior a cousa quedara “no aire” digamos, pero ninguén me ofreceu, e entón pensei que non tiña nada máis que demostrar, e retireime, pero si que me quedei coas gañas desa revancha, porque ó ruso si que penso que lle podería gañar, daquela abrirame as cellas a cabezazos, a xente non o viu, houbera polémica, o combate estivera igualado, quitaranlle varios puntos a él, entón o combate por puntos deronmo a min porque eu era o campión, porque tiña as dúas cexas ensanguentadas e non podía seguir competindo nesas condicións, entón gustaríame haber feito esa revancha. Pero bueno, non pasa nada, e ademáis, outra cousa, eu daquela cando se prantexaba o da revancha xa pasaba dos 40 anos e non me apetecía ir andando pola rúa cos ollos hinchados (risas).
(Risas) Iache preguntar pola derrota máis dolorosa, pero so tiveches unha na túa carreira profesional (risas), pero non sei, incluindo cando eras novo ou amateur, non sei, por exemplo, aquela vez que perdiches co grego polo título europeo amateur.
Si, tes razón, co grego, fora en Francia, facía moito calor, e eu quixeno tirar nos dous primeiros asaltos, e desfondeime, estivera moi igualado, gañoume 116-115 nos puntos, e un dos xuices era grego tamén (risas), pero bueno, non me deu rabia, porque xa che digo, no último asalto andaba tirado polas cordas, tiña 20 anos e cometín un erro de xuventude, si o traballara, esperara, e fora á contra poderíalle gañar, pero fun a por todas nada máis comezar e ó final pagueino.
simon_001.jpg
¿Quedouche algún soño por cumprir como competidor?
Ningún, o único, o que che comentei do ruso, porque a afección e os coñecidos me dicían que me ía ser moi difícil gañarlle porque físicamente era un ”animal” (risas), pero eu creo que lle podería vencer na revancha.
¿Cales consideras que eran os teus puntos fortes dentro do ring?
Eu tiña pegada, e considero que era bastante intelixente, no ring cando non me saia unha cousa, non me bloqueaba, buscaba alternativas, porque cada rival é un mundo, porque para cada competidor tiñas que plantexar un combate e a veces non che funcionaba, e no medio do combate tiñas que cambiar de estratexia, e eu defendíame ben nesas circunstancias. É o que lles digo eu ós meus rapaces, no ring o importante é a intelixencia.
simon_001.jpg
Ti aquí en Galicia desputaches varios títulos, cinco en Vigo, tres en Ourense, tamén en Oviedo, pero a nivel internacional, por exemplo competiches en Portugal, Francia, na antiga Yugoslavia, o público de aquí xa sabemos que ían todos ó teu favor (risas), pero nos teus desprazamentos, ¿houbo algún lugar que che chamara a atención, algún escenario que che impresionara, que o publico apretara moito?
Como xa che dixen, en Podgorica, na antigua Yugoslavia, era un ring pequeno, incluso baixo, a él, a Goran Scekic puidenlle gañar no séptimo asalto, non souben sentenciar, aguantou, aguantou, e no oitavo él saiu a por min, e o público facía tambalear as sillas no chan e tamén petaban cos pes, e retumbaba todo o pavillón, dábame a sensación de que eu non saía vivo de alí (risas), había 5 ou 6 mil persoas e xaleaban todos os seus golpes, e cando acabou, e os xuíces deron o seu veredicto, levantaronme a man, e empezaronme a tirar tornillos, veu a policía, acordonou o recinto, agarraronme 5 ou 6 policías, meteronme para dentro, bueno, foi unha película (risas).
(Risas) Xa desde fai moitos anos tes o teu ximnasio aquí en Vigo, Simón, en Urzaiz 92, e aparte do Ximnasio en si, das clases, algúns alumnos son máis pequenos, outros non tanto (risas). ¿Máis ou menos cantos alumnos tes e de que especialidades das clases?
Teño de Full Contact, Kick Boxing e de Boxeo, que son as que dou eu, de Judo, Muay Thai e Jiu Jitsu tamén hai pero as dan outras persoas, e eu son adestrador nacional de Boxeo, de aquí saíron boxeadores como por exemplo Jorge Araujo, Campión de España, Luis Pico, David Blanco, Jesús García … e despois a nivel de Kick Boxing pois teño unha canteira bastante boa, teño rapaces en tódolos pesos, teñen quedado varias veces Campións Galegos e de España incluso, e bueno, traballamos ahí nesa liña, o que pasa é que ensinar ós rapaces é complicado porque cada persoa ten unha maneira de ser, un físico, e tes que adaptar os adestramentos en función do físico que teña o alumno, e hai rapaces que che asimilan mellor as cousas, outros peor, e eu tamén teño unha maneira de ser no ring que teño que correxir, que para min é moi fácil ver os combates desde fóra, porque ás veces os rapaces berraslles e bloqueanse, e hai que ter tacto. É que ser adestrador é complicado, porque tes que traballar moito a psicoloxía, porque as veces os rapaces desmoralízanse.
simon_001.jpg
Ós teus alumnos, sobre todo os máis pequenos, aparte de adestralos, e do mundo da competición, ¿que lles inculcas e que valores che gustaría que aprendesen e se quedasen con eles de por vida?
Amistade e recoñecemento, que os rapaces que veñan aquí, se sintan cómodos, que fagan deporte e amistades, que se relacionen, e que tamén che teñan un mínimo recoñecemento, pois esta persoa ensinoume ben, ou ensinoume mal incluso, ata agora todo ben gracias a deus, algúns marcharonse, normal, porque lles ofreceron unhas condicións mellores noutros lugares, por exemplo Jorge Araujo, que foi Campión de España e Canal+ ofreceulle unhas condicións moi boas, pero por exemplo cando lle preguntaban e él dicía “a min o que me ensinou foi fulanito”, para min iso é impagable.
É o de menos, sei que tes moitos alumnos Campións Galegos e incluso algún Campion de España, pero ¿ves algún sucesor teu ou alguén que se poda chegar a dedicar a isto nun futuro?
Hai algún que valería, Carlos López, por exemplo, que ten moi boas condicións, o que pasa é que él é un rapaz ó que lle gusta prantexar a súa maneira de pelexar e o seu estilo, e ten moi boas condicións, porque é forte, é guerreiro, pero para min ten que ser un pouco máis intelixente, si o consigue, pode chegar. Porque nos deportes de contacto se ti vas a chocar, si eu pelexo contra un camión, e eu vou con un coche pequeno, pois teño que esquivar o camión, si choco con un camión estou fastidiado, e el é un camión, pero nalgún momento vai a atopar a outro camión, e o camión mais forte é o que vai gañar, e aquí non consiste no que máis golpes dea porque ó final pasan factura, este é un deporte de intelixentes, de pegar e non recibir.
simon_001.jpg
Antes participabas nos combates dentro do ring e agora desde fora, ¿Como vivías os asaltos como competidor e agora como adestrador dos rapaces? ¿Que diferencias ves?
Si che digo a verdade para min é mais compricado, non ensinar aquí no ximnasio, senon estar na esquina, no combate, e poder canalizar as instruccións ó rapaz, nun momento no que o rapaz o está a pasar mal, seille dicir as cousas pero non llas sei dicir para que él non se sinta mal, porque ás veces berrolles e sinto que non conecto con eles, eu no ximnasio seinos levar moi ben, doulles unha base e deixoos crecer, non lles impoño, como fan outros mestres, pero cando chego ó ring, e non lles sae ben, a veces berrolles demasiado e xa non é a primeira vez, e algúns bloqueanse. Oes, mira, esta pregunta e algunhas que me levas feito non más fixo nunca ninguén e parecenme moi interesantes.
(Colorado) Sólo son un modesto afeccionado. E tamén sigues ligado ó mundo da competición organizando eventos ¿non? ¿Qué me podes contar desto?
Pois organizo Campionatos Galegos, e espero organizar tamén un par de veladas en breve.
simon_001.jpg
¿Que lle dirías ó público que quizáis ve desde lonxe a este mundiño como demasiado violento para que se animase a acudir a este tipo de eventos, e á xente nova, que beneficios podería atopar practicando algún deporte de combate?
Pois toda clase de deportes son bos para todos, neste deporte hai unha serie de sincronizacións de movementos que son moi bos para os rapaces novos para traballar o tren inferior e superior, e tamén de ter os principios de respeto, educación, disciplina, e saber canalizar ós rapaces hacia unha vida cotiá, de non andar pola rúa pegándose, senon facer deporte, sentirte ben contigo mesmo, pero sen agresividade, porque moita xente pensa que neste deporte un ven a mallarse, e non é así, aquí descargas a adrenalina e a enerxía adestrando, bueno, ás veces, moi raras veces, ven algún moi agresivo, con ganas de pegarse, e hai que intentar apartalos, pero a gran maioría son xente normal.
Para os que vemos este tipo de deportes desde lonxe, sentados cómodamente no sofá, ten que doer unha barbaridade ¿non?, por moi forte que un estea e moi duro que sexa un, ¿como se soporta? Me imaxino que o adestramento e a concentración terá moito que ver.
Pois iso, tratar de non recibir, que é inevitable, porque nalgún momento che teñen que golpear, pero sobre todo tratar de non dar espacio ó teu rival, de que non estea cómodo, para si ten a sorte de te golpear, que non o faga con toda a súa potencia, escapar, esquivar, e como dis ti, tamén adestramento, concentración, e ser duro e forte, anque a veces, se che golpean ben e caes ó chan iso é difícil de poder controlar.
simon_001.jpg
¿Como ves o panorama galego, español, incluso internacional, na túa modalidade, a día de hoxe?. Porque aquí houbo xente moi boa, ¿non? Ti, Eguzquiza, sete veces campión mundial, o coruñés Manolo Planas, cinco veces campión mundial, Ignacio Sánchez “Chino”, con oito mundiais … e agora están o fillo de Eguzquiza, Abraham Roqueñí, César Córdoba …
Houbo xente boa, e algúns están saíndo como dis ti, que manexas moita información ti (risas), pero o problema disto xa non son so as condicións económicas, anque son fundamentais, pero é máis a falta de medios de comunicación, a falta de prensa escrita e visual, porque nós na nosa época para meter tres mil persoas no pavillón sen apenas prensa, iso era un mérito, porque agora aínda hai internet, pero antes, nada, eran catro carteis, e aínda así gracias a que os das radios sempre me miraban ben. Pero ti imaxínate que se dira por TV, a xente sígueos, e logo van a velos o pavillón, porque isto xenera ídolos, e crean afección. E este é un pouco o probema.
Nos teus ratos libres, como afeccionado, ¿Que tipo de eventos e competidores soes seguir a nivel mediático?, non sei, por exemplo, Pacquiao, Mayweather, Maravilla Martínez … ou por exemplo o campión olímpico de Taekwondo Joel González, ou outros, ¿que tipo de competicións soes ver?
Eu vexo a televisión moitas veces e vexo moitos combates, e a min non me gusta ver pelexas, senon ver boxeadores, ¿e que quere dicir isto?, o boxeador sabe boxear, ten técnica e ten que tratar de dar e non recibir, e logo están os pelexadores, que gaña o que zoupou máis e a min iso non me gusta, o bo é escapar, esquivar, táctica, técnica, porque ves un combate de boxeo dos pesos pesados, e pega un, e pega o outro, pega un, pega o outro, un pega 50 veces e o outro 51, pois gañou o segundo, vale, moi ben, pero a min iso non me chista, como comentas, o rapaz español que gañou as Olimpiadas fíxoo perfecto, moi intelixente, espera, consigue punto, espera, consigue punto, pausado, sen arriscar, todo intelixencia.
simon_001.jpg
Unha vez rematada a túa carreira, ¿sinteste o suficientemente valorado pola túa traxectoria deportiva?, porque aquí ó futbol daselle moito bombo e a outros deportes nada, ¿que é para ti o máis reconfortante?
Pois mira, eu estiven unha vez nas Azores, chamoume o presidente da WAKO, Ennio Falconi, como mellor competidor do ano 1999, creo que foi ese ano, e tivemos un Congreso en Lisboa, porque querían meter ó noso deporte como olímpico de exhibición, e alí nas Azores fixeranme unha homenaxe, e a min en Portugal pedíame a xente autógrafos, e aquí as veces nin no ximnasio saben quen son (risas).
¿A que persoas lle estás máis agradecido, a quen consideras que lle debes máis?
Pois a toda esa xente que está na escuridade, que son os que realmente me axudaron a facer as veladas, a montar os rings, repartindo carteis, polas noites, todo sen ningún tipo de interese, e que tamén che axudan nos momentos nos que estás mal, apoiante … é como o que dixera Fernando Alonso, que algúns criticabano, pero tiña razón, que él dicía que llo debía todo ó seu pai, familia, e ós dous patrocinadores que tivera, logo para facer a foto aparecen moitos.
simon_001.jpg
Paulo Ribeiro (Presidente Federación Azores), Fernanda Ribeiro (Secretaria Federación), Luísa Brasil (Alcaldesa), Simón, e Carlos Ramjanali (Director Técnico Federación Portuguesa).
Xa para rematar, ¿Que outras afeccións tes na túa vida?
Pois xa que esta é unha entrevista deportiva direiche que me gustan toda clase de deportes, bueno, a caza e a pesca non me gustan moito (risas), pero non sei, por exemplo, tenis, baloncesto, balonmán, fútbol sala, deportes dinámicos, o fútbol tamén me gusta pero abúrreme algo porque como ti dis danlle moito bombo e cansa.
Tes razón, pois moitas gracias Simón, estes 50 minutos de charla “absorvendo como unha esponxa” foron todo un luxo para min, non che roubo máis tempo, agardo que moita xente lea esta entrevista, sobre todo os rapaces novos.
Gracias a ti, e xa che digo, fixechesme algunhas preguntas que nunca me fixeron e que considero moi interesantes.
(Colorado).
simon_001.jpg
VÍDEO COMBATE VS STEFANO TAMIAZZO
http://www.youtube.com/watch?v=T0as8GhPCC4
VÍDEO COMBATE VS MUSTAFÁ LAKHSEN
http://www.youtube.com/watch?v=lJF5vPANGnU
http://www.youtube.com/watch?v=_qJSxG7o__I
http://www.youtube.com/watch?v=h7qt3wmQ_qE
VÍDEO COMBATE VS GORAN SCEKIC
http://www.youtube.com/watch?v=KToF66uPwMQ&feature=relmfu
http://www.youtube.com/watch?v=4HHMAdE-hzE&feature=relmfu
http://www.youtube.com/watch?v=E50IbWj5yoM&feature=relmfu
OS TRECES MUNDIAIS DE SIMÓN GONZÁLEZ SALGADO
simon.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios